Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
10
prazas ofertadas no curso 2025/2026
Perfil de admisión recomendado
O perfil de ingreso establece os requisitos de formación previa do alumnado para ser admitido no programa. De forma xeral, poderá ser admitido no programa quen se encontre nalgunha das seguintes situacións:
· Rama de coñecemento: Ciencias da saúde, ciencias sociais e xurídicas.
· Ámbito/s de coñecemento: enfermaría; fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia; medicina e odontoloxía; ciencias do comportamento e psicoloxía; ciencias biomédicas; ciencias da educación.
· Competencias, capacidades e coñecementos previos: aspectos básicos sobre investigación.
· Titulacións de acceso: titulacións vinculadas aos ámbitos de coñecemento citados.
· Competencias lingüísticas recomendadas para a realización destes estudos: español nivel B1, inglés nivel B1; galego nivel Celga 3.
REQUISITOS DE ADMISIÓN ESPECÍFICOS DO PROGRAMA.
Para ser admitido no programa, establécense como requisitos obrigatorios os dous seguintes:
· Presentar unha carta de referencia do profesorado do programa. É requisito obrigatorio para a admisión no programa presentar unha carta de referencia dun profesor ou profesora deste. Esta carta debe avala-la viabilidade da futura tesis dentro da liña de investigación do programa e, ademais, o profesor/a deberá reuni-los requisitos necesarios para asumi-la dirección da tesis, en caso de ser pertinente
· Coñecemento de idiomas. O alumnado debe ter un coñecemento mínimo de inglés equivalente ao nivel B1.
O nivel de coñecemento lingüístico acreditarase mediante unha das certificacións oficiais do
listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas da UDC para os distintos niveis
do Marco Común Europeo: https://www.acles.es/uploads/archivos/Tablas_ACLES/Tablas_de_certificados_reconocidos_por_ACLES_2023_02_03.pdf
Procedemento xeral de solicitude de admisión
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
· Expediente académico (70 %), determinado polas cualificacións de máster, DEA ou suficiencia investigadora. Terán preferencia os estudantes que cursaron algún dos másteres directamente relacionados co POD:
ou Máster Universitario en Cronicidade e novos modelos de atención sanitaria da UDC,
ou Máster Universitario en avellecemento saudable e calidade de vida da ULE/UPV-EHU,
ou Máster Universitario en Fisioterapia na Abordaxe Neurolóxico do neno e do adulto da UM
ou Másteres da USC: Máster Universitario en Intervención a Persoas con Enfermidade de Alzheimer; Máster Universitario en Neurociencias, Máster Universitario en Trastornos da Comunicación: Neurociencia da audición e
a linguaxe; e no Máster Universitario en Tratamento de soporte e coidados paliativos no enfermo oncolóxico.
· Nesta liña, solicitarase o permiso aos coordinadores destes másteres, directamente relacionados co POD
· Experiencia investigadora previa e os seus resultados (20%). Valoraranse publicacións, contribucións a congresos, etc., e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa.
· Experiencia profesional (5%). Valorarase a experiencia profesional (contratos, bolsas, etc.) relacionada coas liñas de investigación do programa.
· Coñecemento de idiomas (5%). Valorarase o coñecemento de inglés de nivel B2 ou superior.
Para poder ser valorados, os méritos deben acreditarse documentalmente e ser coherentes coas liñas de investigación do programa. Aplicaranse os mesmos criterios de admisión para todo o alumnado, tanto con dedicación a
tempo completo como a tempo parcial.
Prazos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.