Este máster foi deseñado a partir da experiencia investigadora e de transferencia tecnolóxica de catro Universidades de Galicia e do Norte de Portugal, para ofrecer un título de máster cun programa actualizado de técnicas e fundamentos dun campo interdisciplinario en expansión como é a visión por computador.
O título aborda a necesidade de formar persoal cualificado nun campo que está a ser fundamental no mantemento do impulso innovador en ámbitos tan variados como os de industria, saúde, seguridade viaria, control biométrico e videovixilancia, fotogrametría, control de colleitas e territorio, e en xeral de multitude de aplicacións en todos os ámbitos de produción e de lecer onde a imaxe xogue un papel relevante. Co crecemento exponencial do volume de imaxes dixitais e vídeos capturados por cámaras, a comprensión automática do noso mundo visual nunca foi máis importante.
Os perfís de saída deste máster, pódese resumir nos seguintes:
O máster conta coa colaboración de multitude de centros tecnolóxicos e de investigación, así como empresas tecnolóxicas, con intereses de innovación tecnolóxica ou de aplicación das tecnoloxías abordadas no máster.
Aquí pódese consultar unha lista actualizada de colaboradores.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Instrumentación e Procesamento para Aplicacións Biomédicas | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Análise de Imaxes Biomédicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Biometría | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fundamentos de Procesamento e Análise de Imaxe | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Procesamento e Análise de Imaxe Avanzados | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Modelaxe e Recoñecemento Tridimensional | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Descrición e Modelaxe de Imaxe | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Recoñecemento Visual | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Recoñecemento de Accións Humanas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fundamentos de Aprendizaxe Automática para Visión por Computador | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Aprendizaxe Automática Avanzada para Visión por Computador | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Instrumentación e Procesamento para Visión Artificial | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fotogrametría e Visión Robótica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Visión Artificial en Tempo Real | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Primeiro Cuadrimestre | 30,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.