Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
10
prazas ofertadas no curso 2025/2026
Perfil de admisión recomendado
De forma xeral, os graduados/licenciados/Diplomados en Relacións Laborais, Ciencias do Traballo e en Relacións Laborais e Recursos Humanos ou calquera outra titulación en que se adquiran coñecementos e competencias relacionados coas diferentes disciplinas que forman parte do contido destas titulacións, especialmente dereito, psicoloxía do traballo, socioloxía e Administración de empresas ou, no seu defecto, todas aquelas titulacións da rama de coñecemento de ciencias sociais e do ámbito de coñecemento en ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais. O mesmo criterios aplicaranse para as titulacións de máster. En calquera caso, a admisión estará suxeita á aprobación da comisión académica de doutoramento unha vez analizado o contido do máster en cuestión.
Os solicitantes deben posuír competencias lingüísticas en español e/ou no caso das solicitudes presentadas na USC e na UDC, en galego.
CRITERIOS ESPECÍFICOS DO PROGRAMA:
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación dun informe por parte do candidato ou candidata consistente nunha carta de referencia dun profesor ou profesora do programa que a) avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e que b) puidese exercer como persoa directora en caso de cumpriren os requisitos necesarios para iso.
Ademais, dadas as características e o nivel científico do programa de doutoramento, o candidato ou candidata debe ter acreditado un nivel mínimo de coñecementos de castelán e/ou galego no caso de solicitudes da USC e a UDC equivalente ao nivel B2, ademais duns coñecementos mínimos de inglés, non só por ser linguas de comunicación científica a nivel internacional na actualidade no ámbito de coñecemento da teses da senón porque parte dos cursos, tanto de formación específica como transversal así como diversas actividades do programa, poden realizarse neste idioma. O nivel de castelán e/ou galego acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas polo Centro de Linguas Modernas (CLM) da USC para os distintos niveis do Marco Común Europeo: https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html.
Procedemento xeral de solicitude de admisión
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
• Expediente académico (25 %) determinado polas cualificacións obtidas no grao e máster (ou DEA ou suficiencia investigadora).
• Experiencia investigadora previa e os seus resultados (10%): Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións a congresos e outras contribucións científicas e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
• Experiencia profesional (25 %): Neste punto valorarase experiencia profesional relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (10 %): Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa ou aqueles idiomas máis alá dos incluídos nos requisitos de acceso. As persoas candidatas deberán presentar documentación xustificativa.
• Entrevista persoal (25%): Neste punto valoraranse motivación e aptitude, capacidade de comunicación, etc.
• Outros méritos (5%): Neste punto valorarase aqueles méritos relevantes, a xuízo da comisión e que non estean incluídos nos puntos anteriores
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todas as persoas candidatas independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.
Prazos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.