As materias obrigatorias pretenden dotar ó alumno das ferramentas básicas que precisa un profesional do campo da biodiversidade terrestre, dende diferentes métodos de mostraxe de campo a ferramentas informáticas, uso de datos ou sistemas de información xeográfica. As materias optativas permiten ó alumno completar a súa formación, especializándose en técnicas de caracterización do medio, ou ben centrándose en aspectos da conservación da natureza ou de xestión do medio natural.
Os futuros titulados posuirán un perfil académico que lles permitirá acceder a postos relacionados co estudo e a xestión da biodiversidade, como a consultoría ambiental, postos de responsabilidade do medio ambiente en administracións, ou a divulgación ambiental entre outros.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Seguridade e Prevención de Riscos no Medio Natural | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bases da Biodiversidade: Orixe, Medida e Patróns | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Caracterización e Tipificación de Hábitats | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bioloxía da Conservación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Coñecementos Básicos de SIX (Sistemas de Información Xeográfica) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Taller de Técnicas Básicas de Mostraxe | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Estudo do Medio Físico | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Seguimento e Análise de Poboacións | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Tratamentos de Datos Aplicados ao Medio Natural | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Conservación e Restauración de Ecosistemas Terrestres | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Conservación e Restauración de Ecosistemas Acuáticos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Avaliación de Impacto Ambiental | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Aspectos Socioeconómicos da Biodiversidade | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Emprendemento e Innovación | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Comunicación e Educación Ambiental | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 12,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Primeiro Cuadrimestre | 9,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Aplicacións dos SIX ao Medio Ambiente | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Estatística Aplicada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas Moleculares Aplicadas á Caracterización da Biodiversidade | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Caracterización de Ecosistemas Terrestres | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Identificación e Censo de Invertebrados | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bioloxía e Métodos de Estudo de Vertebrados | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Identificación e Inventario de Plantas e Fungos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xeodiversidade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Calidade de Solos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fauna Ameazada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Flora Ameazada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Invasións Biolóxicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión e Planificación de Espazos Naturais Protexidos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Cambio Global | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Dereito Ambiental | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.