Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Seguridade da Información | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Análise de Malware | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Privacidade e Anonimato | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Seguridade de Aplicacións | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Redes Seguras | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Tecnoloxías de Rexistro Distribuído e Blockchain | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Seguridade en Comunicacións | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Fortificación de Sistemas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Ciberseguridade Industrial e IoT | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Hacking Ético e Test de Intrusión | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Negocio en Ciberseguridade e Emprendemento | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 4,0 ECTS | |
| Análise Forense | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Seguridade en Centros de Datos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Seguridade en Dispositivos Móbiles | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Smart Contracts e Distributed Applications | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Xestión da Seguridade da Información | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 5,0 ECTS | |
| Conceptos e Leis | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 4,0 ECTS | |
| Prácticas en Empresa | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 9,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Segundo Cuadrimestre | 12,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.