Algunhas oportunidades de emprego para os titulados do Mestrado son: (1) investigación (2), xestión ambiental (3) conservación, (4) traballo fóra do ámbito biolóxico (por exemplo, xestión, administración, turismo), (5) avaliación e xestión dos recursos mariños, (6) autoridades costeiras (7), goberno e laboratorios de investigación da universidade, (8) industria de entretemento e ocio, (9) industria farmacéutica.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| O Medio Mariño: Oceanografía Física | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Botánica Mariña | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Zooloxía Mariña | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Microbioloxía Mariña | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Ecoloxía Mariña | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Fisioloxía de Organismos Mariños | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Bases Moleculares da Adaptación ao Medio Mariño | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Estudo de Organismos Mariños | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Deseño Experimental e Recursos de Información | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Cartografía, S.I.G. e Teledetección | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xestión do Medio: Socioeconomía, Educación Ambiental e Lexislación | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bioloxía da Conservación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Diversidade Xenética e as súas Aplicacións ao Estudo de Organismos Mariños | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contaminación e Ecotoxicoloxía Mariña | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bioloxía de Especies Explotadas e Potencialmente Explotables | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Avaliación e Explotación de Recursos no Litoral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Pesquería e Explotación de Derivados da Pesca | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Estatística Espacial e Modelización | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Especies Invasoras e Fouling | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Bioloxía do Desenvolvemento de Organismos Mariños | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Mecanismos de Toxicidade e Desintoxicación de Xenobióticos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS | |
| Xenómica Mariña | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 3,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Prácticas Externas | Prácticas externas | Primeiro Cuadrimestre | 18,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Máster | Traballo fin de máster | Primeiro Cuadrimestre | 12,0 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.