Máster Universitario en Xestión Sostible da Auga

2023/2024 · 90 créditos

Que se aprende

Comprender o concepto de sustentabilidade, así como os desafíos asociados á auga contemplados nos diferentes ODS. Coñecer e entender os problemas relacionados co desenvolvemento, uso e acceso da auga. Aplicar unha visión omnicomprensiva das dimensións científicas, legais e políticas asociadas á asignación e xestión da auga. Aplicar o concepto de xestión integrada do recurso hídrico como base para a planificación hidrolóxica e a asignación de recursos a distintos usos, incluíndo os caudais de protección ambiental e os servizos ecosistémicos. Comprender o sistema da auga urbana incluíndo os seus subsistemas e as interrelacións entre eles xeradoras de sinerxias. Deseñar sistemas de abastecemento de auga e desenvolver sistemas de abastecemento complementario baseados en recursos non convencionais. Deseñar sistemas de saneamento de auga, procesos de tratamento avanzado de xestión de auga e plans de prevención e tratamento para diminuír a carga contaminante da auga. Deseñar sistemas de drenaxe urbana e desenvolver sistemas de tratamento e xestión dos desbordamentos das drenaxes urbanas para a protección das masas de auga receptoras. Avaliar o efecto do uso urbano sobre a súa conca hidrográfica e analizar as consecuencias da vertedura de augas cara ás masas de auga receptoras, así como desenvolver estratexias de protección das zonas de xeración de auga superficial e subterránea nas concas, baixo o principio de recoñecemento e potenciación dos servizos ecosistémicos. Empregar métodos avanzados relacionados coa ciencia de datos e o big data, así como con outras tecnoloxías avanzadas como a intelixencia artificial, o IoT ou a realidade virtual e aumentada na xestión da auga. Aplicar no seu desempeño a normativa relativa á xestión da auga existente nos distintos niveis administrativos, con especial atención á regulación ambiental, de calidade e de explotación.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

Los/as egresados/as de esta titulación podrán desarrollar su carrera como técnicos/as, responsables o expertos/as en gestión del agua en empresas de gestión, abastecimiento, tratamiento y valorización del agua, estaciones depuradoras, laboratorios de análisis del agua, organismos públicos y otras organizaciones con competencias en aguas, empresas de ingeniería y consultoría ambiental, empresas de seguros, departamentos de medioambiente de empresas de producción, centros de I+D+i en el área de recursos hídricos, instituciones educativas, etc.

Empresas e institucións colaboradoras

https://ixestion.com/mgsa/mgsa/entidades-colaboradoras/

Planificación do ensino

O programa de máster estrutúrase ao redor de tres cuadrimestres de 30 ECTS cada un. Os dous primeiros estarán dedicados á impartición de materias obrigatorias (36c) e optativas (24c) e estarán á súa vez estruturados ao redor de 5 módulos: Gobernanza da auga (9c), Auga Urbana (9c), Enxeñería de Procesos (12c), Xestión dos Recursos Hídricos (21c) e Análises de Datos (9c). O segundo curso da titulación estará constituído por un único cuadrimestre, o módulo 6, dedicado ás Prácticas Externas (12c) e ao Traballo Fin de Máster (18c).

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Auga, Sostibilidade e Ben Común Obrigatorio 3 ECTS
Contratación Pública e Fiscalidade dos Servizos de Auga Urbana Obrigatorio 3 ECTS
Dereito da Auga Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
O Sistema da Auga Urbana Obrigatorio 3 ECTS
Drenaxe Urbano Sostible Optativo 3 ECTS
Servizos de Auga en Medio Rural e Disperso Optativo 3 ECTS
Deseño Avanzado de Redes Optativo 3 ECTS
Introdución á Hidráulica e a Hidroloxía Urbana Optativo 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos

 BOE co plan de estudos (PDF)

Procedementos de consulta empregados

https://guiadocente.udc.es/guia_docent/index.php?centre=632&ensenyament=632549&any_academic=2023_24

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo
  • Asignada a docentes do estudo

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

A titulación contempla a mobilidade internacional como unha base fundamental dos ensinos. A Comisión Académica Interuniversitaria do Máster (CAI) establecerá criterios de mobilidade comúns para o alumnado das tres universidades implicadas no título. Fomentarase especialmente a mobilidade durante o terceiro cuadrimestre da titulación e tamén se articulará un procedemento para a mobilidade durante o segundo cuadrimestre, para o que haberá que dedicar especial atención aos prazos de solicitude.