Este grao proporciona unha formación ampla nos estudos sobre a lingua, a literatura e a cultura no ámbito anglófono. Estúdanse as diferentes ramas do saber filolóxico (gramática, pragmática, sociolingüística, historia da lingua, movementos e xéneros literarios, autoras e autores da literatura etc.) aplicadas ao inglés. Desta forma, o alumnado fica preparado para desenvolver con éxito as responsabilidades da súa actividade laboral.
Ao tempo, permite adquirir unha moi boa competencia plurilingüe (inglés, galego e español; opcionalmente, tamén alemán, francés, italiano ou portugués), o que redunda de xeito positivo nas súas competencias profesionais.
Entre as habilidades xenéricas que adquire o estudantado é necesario sinalar a capacidade de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica, a competencia para analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando as modernas técnicas de análise textual, a habilidade para aplicar as novas tecnoloxías ao estudo do fenómeno lingüístico e literario, a capacidade para apreciar os valores artísticos, culturais e estéticos nos textos literarios, e a habilidade para pór en relación a lingua, a literatura, a historia e a cultura.
Entre as habilidades xenéricas que adquire o estudantado é necesario sinalar a capacidade de aplicar os coñecementos lingüísticos e literarios á práctica, a competencia para analizar e comentar textos e discursos literarios e non literarios utilizando as modernas técnicas de análise textual, a habilidade para aplicar as novas tecnoloxías ao estudo do fenómeno lingüístico e literario, a capacidade para apreciar os valores artísticos, culturais e estéticos nos textos literarios, e a habilidade para pór en relación a lingua, a literatura, a historia e a cultura.
Entre os principais perfís de saídas académico-laborais, cabe salientarmos os seguintes: docencia, tradución e interpretación; asesoramento e mediación lingüística, cultural e editorial; asesoramento cultural e lingüístico no mundo empresarial; crítica literaria; medios de comunicación; xestión cultural; promoción lingüística e literaria; terapia lingüística; publicidade; librarías especializadas etc.
O estudantado pode, igualmente, continuar a súa formación superior e acceder aos varios mestrados que se imparten na nosa facultade.
A Facultade de Filoloxía mantén convenios de colaboración con máis de vinte entidades para que o alumnado poida entrar en contacto co ámbito laboral. Neses convenios, que se renovan cada ano, organízanse as prácticas externas extracurriculares. Deste xeito, o estudantado entra en contacto co mundo editorial, centros tecnolóxicos, bibliotecas, institucións culturais etc., e pode comprobar en primeira persoa as posibilidades profesionais con que conta despois dos estudos.
O plan de estudos do grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios estrutúrase en catro anos académicos organizados por cuadrimestres, excepto no segundo curso, en que dúas materias teñen carácter anual.
Nos dous primeiros cursos, todas as materias teñen carácter obrigatorio e son comúns aos graos en Galego e portugués e Español. A partir desta formación común, no terceiro e cuarto ano cada estudante poderá afondar no estudo da lingua inglesa e das literaturas correspondentes (británica, angloirlandesa, nortemericana etc.), apoiándose tamén nas materias complementarias e transversais.
O plan de estudos distribúese en 240 créditos, dos que 120 son cursados no primeiro e no segundo ano académico nas materias comúns. No terceiro e cuarto ano cursaranse 78 créditos nas materias obrigatorias, un mínimo de 18 nas materias específicas, un máximo de 18 nas materias optativas xerais e 6 no Traballo de Fin de Grao.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Tecnoloxías da Información e da Comunicación | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Inglesa 2 | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Inglesa 1 | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Española 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Galega 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Inglesa 1 | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingüística Xeral | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución aos Estudos Literarios | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua e Cultura Clásica | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Literatura Española | Obrigatoria | Anual | 9,0 ECTS | |
| Literatura Galega | Obrigatoria | Anual | 9,0 ECTS | |
| Lingua Española 2 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Galega 2 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Inglesa 3 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Idioma Moderno: Francés | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Inglesa 2 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Tradución | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Inglesa 4 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Idioma Moderno: Italiano | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Idioma Moderno: Portugués | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Idioma Moderno: Alemán | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Linguas do Mundo | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Cultura Latina Medieval | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| As Linguas Románicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| A Literatura Inglesa e a súa Crítica | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 3: Francés | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Linguaxe, Discurso e Comunicación | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 2: Italiano | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 2: Portugués | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 2: Alemán | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 3: Italiano | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 3: Portugués | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Lingua Inglesa e os seus Usos 1 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Inglesa (XVI-XVII) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Cultura e Civilización dos Países de Fala Inglesa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Fonética da Lingua Inglesa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Norteamericana 1 | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Gramática Inglesa | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Poscolonial | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Redacción e Argumentación | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Inglés Científico-Técnico | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 2: Francés | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Cuestións de Lingua Inglesa | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Literatura Comparada | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura Norteamericana 2 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Inglesa (Séculos XVIII e XIX) | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Lingua Inglesa e os seus Usos 2 | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia da Lingua Inglesa | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estudos de Lingua Inglesa | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Literatura Inglesa (Séculos XX e XXI) | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Variedades do Inglés | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura Inglesa e Xénero | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura e Artes Visuais | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Lingua Galega e Usos | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura Irlandesa | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura Norteamericana nos seus Textos | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Español como L2 | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 4: Francés | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 4: Italiano | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Idioma Moderno 4: Portugués | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Contactos Lingüísticos e Literarios na Tradición Románica | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura Latina | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Lingua e Sociedade | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literatura e Cultura | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS | |
| Literaturas Románicas | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 4,500000000 ECTS |
A titulación de grao en Ingles: Estudos Linguísticos e Literarios deseñouse tendo en conta a anterior licenciatura en Filoloxía Inglesa. Ao tempo, tamén se tiveron presentes os estudos lingüísticos e literarios de diferentes universidades europeas (Francia, Italia, Portugal...), onde é moi frecuente que se estuden cando menos dúas linguas de maneira conxunta e as súas literaturas respectivas, así como materias de lingüística, teoría literaria e tradución.
A elaboración do plan de estudos desta titulación realizouse ao abeiro das "Directrices para a elaboración de títulos de grao na UDC", aprobadas polo Consello de Goberno desta universidade en 2007. Contou cunha comisión redactora composta por nove membros, na que estiveron representados todos os sectores da comunidade universitaria (alumnado, profesorado e PTXAS). O anteproxecto foi exposto publicamente, debatido e, por último, aprobado pola Xunta de Facultade.
Durante o proceso de planificación do grao mantivéronse diversas reunións cos decanos doutros centros (Facultade de Humanidades da UDC, Facultade de Filoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo etc.).
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.
A Facultade de Filoloxía da UDC conta cunha longa tradición de participación e cooperación na elaboración de estratexias de mobilidade do estudantado, particularmente no ámbito europeo. Isto favorece o contacto con outras realidades lingüísticas, literarias, culturais e sociais en diferentes países, co evidente enriquecemento cultural e persoal para o alumnado.
Así, grazas aos convenios existentes, as persoas que cursaren o grao en Inglés: Estudos Lingüísticos e Literarios teñen a posibilidade de completaren parte da titulación nunha universidade estranxeira. Así mesmo, mediante os programas Erasmus+ e SICUE, existe a posibilidade de estudar durante un cuadrimestre ou mesmo durante un ano enteiro en universidades de Eslovaquia, Francia, Hungría, Irlanda, Italia, Lituania,
México, Polonia, Portugal, República Checa, Reino Unido e Turquía, así como noutras
universidades españolas (Almería, Autónoma de Madrid, Cantabria,
Granada, Huelva, Illes Balears, Jaén, Málaga, Murcia, Oviedo, Salamanca e
Sevilla).