Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 4 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.
Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
4 prazas ofertadas no curso 2025/2026
O Programa interuniversitario de Doutoramento en Lóxica e Filosofía da Ciencia deséñase co obxecto de atender fundamentalmente á demanda dos actuais titulados universitarios que desexen recibir unha especialización adicional ou formación investigadora e que realizase un Máster relacionado co campo da Lóxica e a Filosofía da Ciencia, aos estudantes de sistemas universitarios estranxeiros que desexen cursar estudos de doutoramento no noso país, e á de profesionais titulados universitarios que decidan actualizar os seus coñecementos e destrezas ou modificar o seu perfil. Os nosos estudantes serán previsiblemente das seguintes titulacións:
‐ Titulados en Filosofía (graduados que realizasen un máster afín ao PD ou Doutores que desexen variar o seu perfil).
‐ Titulados na área das Ciencias da Natureza, Matemáticas e Informática (Graduados ou Doutores que realizasen un Máster afín ao PD).
‐ Titulados na área das Ciencias Sociais e Filoloxías (Graduados ou Doutores que realizasen un Máster afín ao PD).
Cómpre que o investigador en formación poida ler correctamente textos filosóficos e científicos polo menos en español e inglés.
Requisitos adicionais:
a) Acreditar mediante certificado oficial o rendemento académico no Grao ou licenciatura e no máster de procedencia.
b) O máster cursado debe ser da área de lóxica e filosofía da ciencia ou estudos sociais da ciencia e a tecnoloxía. Debe ser un master oficial. En casos excepcionais a comisión académica pode aproba-la admisión cun máster afín sempre e cando se acredite que as disciplinas cursadas proporcionan os coñecementos e competencias da área de lóxica e filosofía da ciencia e poden servir de base para a realización da tesis doutoral de acordo co proxecto presentado.
c) Presentar unha proposta de tema de investigación escollido segundo modelo establecido (dispoñible na páxina web do programa de doutoramento)
d) Presentar un Curriculum Vitae
e) Xunta-la aceptación por parte dalgún profesor do programa de doutoramento para dirixi-la teses.
f) O estudante debe dispoñer dun nivel B2 do MCERL de coñecemento de español e inglés.
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Os criterios de valoración das solicitudes serán os seguintes:
a) Adecuación da titulación alegada para o ingreso e media do expediente académico no título de grao (ou licenciatura) e no título de máster. Enténdese por adecuación licenciatura en filosofía e máster na área de lóxica e filosofía da ciencia, ou estudos sociais da ciencia. Máximo de 25 ptos
b) Media do expediente académico no título de grao (ou licenciatura) e no título de máster. Máximo ptos
c) Experiencia profesional (desenvolvida dentro ou fóra da universidade, en centros públicos ou privados relacionados coa educación, a investigación ou a xestión) relevante para as liñas de investigación da área: Máximo 10 puntos
d) Realizacións de cursos, participación en congresos, publicacións, (relacionadas co perfil das áreas do programa do doutoramento), estadías noutras universidades (Erasmus, Sicue, etc):, etc: máximo 25 puntos
O candidato/a deberá obter un mínimo de 50 puntos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.
Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc.
Consulta as axudas predoutorais na UDC.
Podes consultar a normativa relacionada cos estudos de doutoramento na UDC.
Outros documentos de interese son: