Educación
Logopeda en centros hospitalarios, residencias da terceira idade, fundacións de persoas con discapacidade psíquica e física, asociacións de enfermos crónicos e centros de ensino privados.
No ámbito sanitario (centros hospitalarios, clínicas etc.), educativo (centros de ensino privados, educación especial, equipos psicopedagóxicos etc.) e asistencial (residencias, fundacións, asociacións etc.).
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Anatomía dos Órganos da Audición e a Linguaxe | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Procesos Psicolóxicos Básicos | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Lingüística | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Intervención Logopédica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Psicoloxía da Linguaxe | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Fisioloxía dos Órganos da Audición e a Linguaxe | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Psicoloxía do Desenvolvemento da Linguaxe | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Metodoloxía da Investigación | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Avaliación e Diagnóstico | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Inclusión e Organizacións Socioeducativas | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos |
---|
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos |
---|
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos |
---|
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación, Fisioterapia, Medicina e Ciencias Biomédicas, Letras, Matemáticas, Pedagoxía e Didáctica, Psicoloxía e Química.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.