O Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF nace no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, Escola Universitaria Politécnica e Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria en formación no ámbito da enxeñaría.
O Mestrado ten a posibilidade de cursalo en modalidade non presencial (on-line), é de carácter internacional e ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança - Portugal.
Os estudos pódense realizar nun único curso académico e o título obtense tras superar 60 ECTS. A distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
25 |
O obxetivo fundamental do Mestrado é a formación de titulados especializados dentro do ámbito da eficiencia enerxética e a sustentabilidade, tratando de responder ás exixencias que produciranse no mercado laboral, como consecuencia do desenrolo do marco normativo relativo á eficiencia enerxética e ós obxetivos de desenrolo sostible.
O Real Decreto 56/2016, do 12 de febreiro, pretende impulsar e promocionar actuaciones a efectuar nun marco da sustentabilidade nos procesos de consumo enerxético que poidan contribuir a:
O gran crecimiento do sector enerxético internacional e europeo nos últimos anos aposta por un mellor uso da enerxía, así como pola sua xeración a partires de fontes non contaminantes pra o medio ambiente e sempre nun contexto de sustentabilidade. En resposta a demandas sociáis, políticas e económicas, aparece unha gran demanda de profesionáis con formación de alto nivel en ditas áreas, pero tamén cun nivel de exixencia elevado en canto a coñecemientos teóricos e prácticos, tan só alcanzable mediante estudos universitarios de posgrado.
Os Pláns de Acción de Enerxías Renovables, tanto nacionáis como internacionáis, vaticinan pra o futuro un mercado laboral crecente altamente competitivo e especializado nas áreas de eficiencia enerxética, enerxías renovables e sustentabilidade.
Curso de comezo | 2022/2023 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 27/06/2022 |
Data autorización Consello Xunta | 27/07/2022 |
Data publicación autorización DOG | 10/08/2022 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 28/10/2022 |
Data publicación plan estudos DOG | 06/07/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 10/07/2023 |