Máster Universitario en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade

2024/2025 · 60 créditos

Que se aprende

Este mestrado ofrece a posibilidade de adquirir os coñecementos e a experiencia necesarios sobre a definición, deseño, explotación e xestión de enerxías renovables cun impacto mínimo e garantizando un desenrolo sostible. Adquiriranse coñecementos sobre auditoría enerxética, calificación enerxética de edificios, arquitectura bioclimática, definición de edificios intelixentes e sostibles, BIM, legislación de instalacións, mercados eléctricos e tarificacións, micro-redes, redes intelixentes, movilidade eléctrica, entre outros.

Ademáis, proveeranse as capacidades necesarias pra levar a cabo as políticas enerxéticas, os análisis de inversión e, por suposto, toda a xestión de proxectos basados en eficiencia enerxética ou enerxías renovables dende un punto de vista sostible. Pra asegurar poder competir no mercado laboral actual e futuro neste puxante e creciente ámbito de actividade profesional.

Os egresados serán capaces de:

  • Asesorar, orientar e ofrecer solucións óptimas para optimizar os recursos e alcanzar a eficiencia e o aproveitamento enerxético en calquera sector.
  • Valorar a aplicación de tecnoloxías emerxentes no ámbito da enerxía e o medio ambiente baixo criterios como eficiencia, sustentabilidade ou cooperación.
  • Proseguir a súa formación investigadora e realizar unha tese doutoral.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

As competencias que se adquiren ao cursar estes estudos viran ao redor da eficiencia e aproveitamento enerxético nun sentido amplo, pero cobran especial importancia aquelas relacionadas con:

  • Auditorías e certificacións enerxéticas.
  • Análise e deseño de sistemas de aproveitamento con múltiples tecnoloxías.
  • Análise de consumos enerxéticos e os seus custos asociados.
  • Aplicación da lexislación vixente e regulamentación aplicable ao sector das enerxías renovables e da eficiencia enerxética.

Saídas profesionais e académicas

O mercado da eficiencia enerxética é moi amplo e abarca distintos sectores:

  • Industria.
  • Transporte.
  • Edificación.
  • Servizos Públicos.
  • Equipamento residencial e terciario.
  • Agricultura.
  • Transformación da enerxía.

As perspectivas de actuación para os próximos anos e os potenciais de aforro enerxético que se manexan, provocarán unha incorporación crecente de profesionais que cubran as necesidades destes sectores.

Os principais servizos ofrecidos polos profesionais da eficiencia enerxética son:

  • Optimización de contratos.
  • Auditorías enerxéticas.
  • Subcontratación de xestión enerxética.
  • Sistemas de xestión de enerxía.
  • Empresas de servizos enerxéticos.
  • Rehabilitación enerxética.
  • Edificación de alta eficiencia enerxética.
  • Planificación de mobilidade urbana.
  • Planificación transporte urbano.
  • Domótica.

Ademáis, o Real Decreto 56/2016, do 12 de febreiro, permite que os estudantes deste máster poidan acreditarse como proveedores de servizos enerxéticos.

Empresas e institucións colaboradoras

Disponse de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: Alcoa, Endesa generación S.A., Ferrovial, Gamesa, Gas natural SDG S.A., Navantia, Red eléctrica, Reganosa, SunFields Europe...

Planificación do ensino

Esta titulación dispón tanto de modalidade presencial coma non presencial.

A distribución das materias ao longo do curso é a seguinte:

  • Primeiro cuadrimestre.
    • Impártense 6 materias obrigatorias e 1 optativa a elixir entre as 2 ofertadas.
  • Segundo cuadrimestre.
    • Impártense 6 optativas a elixir entre as 12 ofertadas.
    • Realizaranse as Prácticas empresa e o Traballo Fin de Mestrado.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Prácticas en Empresa Obrigatorio 3 ECTS
  Guía Carácter Cuadr. créditos
Traballo Fin de Máster Obrigatorio 9 ECTS

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

En base ó acordo firmado entre a Universidade da Coruña (UDC) e o Instituto Politécnico de Bragança (IPB), o programa do Mestrado ofrece a posibilidade de obter a dobre titulación de:

  • Mestrado en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade pola UDC.
  • Mestrado em Energias Renováveis e Eficiência Energética por el IPB.

Pra obter a dobre titulación é necesario cursar unha parte dos créditos na UDC e a outra parte no IPB.

Os estudantes da UDC que procedan dunha titulación oficial de grado da rama de coñecemento de Enxeñaría e Arquitectura ou da rama de coñecemento de Ciencias, deberán cursar 30 ECTS do Mestrado en Eficiencia Enerxética e Sustentabilidade na UDC e se desplazarán ó IPB pra cursar os 42 ECTS correspondientes á materia de “Dissertação; Trabalho de Projeto; Estágio” do Mestrado em Energias Renováveis e Eficiência Energética, dos que 9 ECTS corresponderán ó Traballo Fin de Mestrado na UDC.

A estancia no IPB poderse facer en duas modalidades diferentes: