Máster Universitario en Xestión e Dirección Laboral

2026/2027 · 60 créditos

Introdución

As tarefas de xestión e dirección laboral poden ser analizadas desde múltiples perspectivas: xurídica, técnica, psicolóxica, sociolóxica e económica, entre outras. Así, o Mestrado Universitario en Xestión e Dirección Laboral pretende ofrecer ao seu alumnado unha formación integral, en que se desenvolvan de forma progresiva as competencias requiridas e se achegue o conxunto de comportamentos, facultades de análise, toma de decisións e transmisión da información que se consideran necesarios para o eficaz desempeño da profesión.

A natureza claramente multidisciplinar desta formación implica a articulación dos estudos de mestrado propostos, cunha ampla variedade de titulacións de acceso (graos, licenciaturas, diplomaturas e enxeñarías) en ámbitos procedentes principalmente da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas.

Páxina web da Facultade

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 15 de outubro de 2019.

 

Prazas ofertadas para o curso 2026
30

Por que estudar a titulación

A creación deste mestrado responde á necesidade de especializar na xestión e dirección de persoas un importante número de titulados da rama das Ciencias Sociais e Xurídicas (relacións laborais, dereito, administración e dirección de empresas, economía etc.). A potencialidade do mercado de traballo á hora de absorber os profesionais dos recursos humanos, as relacións laborais e o asesoramento legal nestas materias é grande.

.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2023
Data última modificación/verificación ACSUG 05/10/2009
Data autorización Consello Xunta 01/02/2007
Data publicación autorización DOG 08/02/2007
Data autorización Consello de Ministros 15/04/2011
Data publicación BOE de carácter oficial 11/05/2011
Data publicación plan estudos BOE 05/04/2017