Programa de simultaneidade do Grao en Bioloxía e o Grao en Química

2023/2024 · 369 créditos

Introdución

A Bioloxía é unha Ciencia de capital importancia para o desenvolvemento sostible da sociedade. Pretende chegar a comprender o fenómeno da vida, observándoo dende diversas perspectivas e atendendo aos distintos niveis de complexidade nos que se manifesta. Dende as moléculas coas que se constrúen as distintas estruturas e se tramite a información bilolóxica, até os ecosistemas nos que se integran as comunidades co seu medio ambiente, pasando polas células e organismos pluricelulares, coa súa panoplia de sinais físicos e químicos que aseguran o bo funcionamento do ser vivo, todo é importante e necesario para a formación dun biólogo moderno.

A Química trata as propiedades, cambios e reaccións de todo tipo de compostos e materiais. Inclúe a investigación de estructuras e mecanismos das transformacións químicas e a síntese de novas especies ou sustancias, en moitos casos cos fins tecnolóxicos. A Química proporciona o marco conceptual e a metodoloxía da Bioquímica, e é núcleo dunha enorme variedade de actividades industriais. Ten unha participación central no progreso e benestar, desenvolvendo novos produtos e tecnoloxías que inciden en todos os ambitos da sociedade, sendo un dos pilares da capacidade competitiva dun país. A Química presenta innumerábeis posibilidades de desenvolvemento, polo papel que xoga na protección da saúde e o medio ambiente, na mellora das condicións hixiénicas e sanitarias, na obtención de máis e mellores alimentos, e na fabricación de novos materiais para mellorar a calidade de vida.

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
10

Por que estudar a titulación

O obxectivo do programa de simultaneidade é a formación de alumnos que, ao finalizar os seus estudos, teñan adquirido as competencias profesionais do Grao en Bioloxía e do Grao en Química que os capaciten para a súa integración no mercado laboral, tanto nos ámbitos de cada un dos títulos, coma nas diferentes áreas onde especificamente se precisa a colaboración de ambas disciplinas. Os alumnos do programa, ao finalizar os seus estudos terán dúos títulos de grao (Grao en Química e Grao en Bioloxía).

O programa de simultaneidade proporciona aos alumnos/as unha formación científico-técnica acorde coas metodoloxías científicas actuais, que lles permiten valorar a importancia das aplicación da Bioloxía e da Química nos contextos industrial, económico, medioambiental e social.

Por outra banda, estes estudos proporcionan ao estudante unha base sólida e equilibrada de coñecementos teórico-prácticos, competencias e habilidades que lle permitirán continuar a súa aprendizaxe en áreas especializadas o interdisciplinares de ambas ciencias.

http://ciencias.udc.es.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2014/2015