O programa de doutoramento en Equidade e Innovación en Educación está promovido polas Universidades da Coruña, Cantabria, Oviedo, Santiago de Compostela e Vigo (Universidade coordinadora). Está orientado á formación do profesorado e de investigadores educativos desde a perspectiva da equidade e a innovación.
O estudo está
verificado e
pendente de publicación O estudo renovou a sua acreditación o martes, 1 de marzo de 2022.
Por que estudar a titulación
Este programa intenta de responder á necesidade existente na sociedade actual de enfoca-la educación desde a perspectiva da equidade e a innovación, xustificándose o seu interese e necesidade nas seguintes evidencias:
-A necesidade de lles dar continuidade e ofrecer vías de especialización investigadora ós estudios ofrecidos na actual ordenación do sistema universitario en educación e de forma particular: a) os estudios de formación de profesorado de educación infantil e primaria que, tal e como se esperábamos, accederon aos estudos de segundo e terceiro ciclo; b) Os estudios de formación de profesorado de secundaria obrigatoria, bacharelato, formación profesional e ensino de linguas, c) outros másteres de especialización educativa xa existentes nas universidades participantes e en moitas outras de ámbito nacional e internacional. Desta forma, este doutoramento está chamado a ampliar a especialización en investigación nestes niveis educativos, adecuándose así con este programa a oferta formativa
ás circunstancias e necesidades das facultades e estudios de educación.
- A constatación da necesidade de promover unha investigación que afronte os problemas de desigualdade social e educativa presentes na nosa sociedade e que van adoptando novas formas como resultado das transformacións sociais do país e os efectos dunha economía globalizada e unha sociedade cada vez máis fragmentada. A formación de investigadores e investigadoras preparados/as para detectar, analizar, investigar e promover procesos educativos innovadores comprometidos coa equidade, a xustiza social e a inclusión é un reto de gran complexidade que constitúe o núcleo deste programa. Nel asúmese a formación de investigadores/as educativos como unha ferramenta de vital importancia para promover sistemas educativos máis equitativos e recoñécese o papel indispensable dunha investigación educativa crítica para a transformación educativa e social. Polo tanto, ten especial relevancia pór de manifesto que o Programa de Doutoramento Interuniversitario en Equidade e Innovación en Educación pretende amplia-las fronteiras do coñecemento educativo ó formula-la equidade como un reto desde o que alcanza-la mellora e a calidade na educación, de forma que o binomio Equidad- Innovación constitúe a principal sinala de identidade deste programa que definirá un particular modo de entende-la investigación educativa compartido por as universidades participantes.
- A formación de investigadores e investigadoras é ademais un elemento clave dunha sociedade basada no coñecemento. Para acadar este obxectivo cómpre incrementar substancialmente o número de persoas con competencias específicas para o desenvolvemento de procesos de indagación relevantes e dirixidos á mellora educativa. Este programa de doutoramento contribuirá a incrementa-la presencia nas institucións educativas e sociais dun maior número de persoas con competencia educativa en investigación. Unha investigación que pretende ampliar as fronteiras do coñecemento educativo, comprometida coa transferencia do coñecemento, capaz de abrir novas vías e modos alternativos de pensar e reconceptualizar a educación e tamén de transformala e mellorala.
-Esta proposta formaliza, reforza e potencia as conexións e intercambios académicos e investigadores xa existentes entre as cinco universidades que veñen mantendo vínculos non só xeográficos (Universidades do noroeste do país), senón tamén e sobre todo con xuros e liñas de investigación coincidentes no compromiso da investigación coa equidade e a innovación na educación.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
-
Universidad de Cantabria
-
Universidad de Oviedo
-
Universidade de Santiago de Compostela
-
Universidade de Vigo
| Curso de comezo |
2013-2014 |
| Data última modificación/verificación ACSUG |
16/09/2013 |
| Data publicación autorización DOG |
20/12/2013 |