Neste grao os estudantes acadarán unha base sólida e equilibrada de coñecementos químicos teórico-prácticos, que inclúen a investigación das estruturas e os mecanismos das transformacións químicas e a síntese de novas especies ou substancias.
Aprenderán a resolver problemas químicos de forma efectiva cun pensamento construtivo e traballando en colaboración. Así mesmo, desenvolverán as habilidades e destrezas necesarias para aplicaren os coñecementos adquiridos á resolución de traballos científico-técnicos e exerceren unha opinión crítica científica tanto nas linguas oficiais da nosa comunidade como en inglés.
Finalmente, saberán valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade. Por todo isto, os alumnos que cursaren este grao estarán capacitados para integrarse no mercado laboral en calquera dos ámbitos relacionados co título.
A1 - Utilizar a terminoloxía química, nomenclatura, convenios e unidades
A2 - Deducir a variación das propiedades dos elementos químicos segundo a Táboa Periódica
A3 - Coñecer as características dos diferentes estados da materia e as teorías empregadas para describir
A4 - Coñecer os tipos principais de reacción química e as súas principais características asociadas
A5 - Comprender os principios da termodinámica e as súas aplicacións en Química
A6 - Coñecer os elementos químicos e os seus compostos, as súas formas de obtención, estrutura, propiedades e reactividade
A7 - Coñecer e aplicar as técnicas analíticas
A8 - Coñecer os principios da Mecánica Cuántica e a súa aplicación á estrutura de átomos e moléculas
A9 - Coñecer os rasgos estruturais dos compostos químicos, incluíndo a estereoquímica, así como as principais técnicas
de investigación estructural
A10 - Coñecer a cinética do cambio químico, incluíndo a catálise e os mecanismos de reacción
A11 - Coñecer e deseñar operacións unitarias de Enxeñaría Química
A12 - Relacionar as propiedades macroscópicas coas de átomos e moléculas
A13 - Comprender a Química dos principais procesos biolóxicos
A14 - Demostrar o coñecemento e comprensión de conceptos, principios e teorías relacionadas coa Química
A15 - Recoñecer e analizar novos problemas e planear estratexias para solucionalos
A16 - Adquirir, avaliar e utilizar os datos e información bibliográfica e técnica relacionada coa Química
A17 - Traballar no laboratorio Químico con seguridade (manexo de materiais e eliminación de residuos)
A18 - Valorar os riscos no uso de substancias químicas e procedementos de laboratorio
A19 - Levar a cabo procedementos estándares e manexar a instrumentación científica
A20 - Interpreta-los datos procedentes de observacións e medidas no laboratorio
A21 - Comprende-los aspectos cualitativos e cuantitativos dos problemas químicos
A22 - Planificar, deseñar e desenvolver proxectos e experimentos
A23 - Desenvolver unha actitude crítica de perfeccionamento no labor experimental
A24 - Explicar, de modo comprensible, fenómenos e procesos relacionados coa Química
A25 - Relacionar a Química con outras disciplinas e recoñecer e valorar os procesos químicos na vida diaria
A27 - Impartir docencia en química e materias afíns nos distintos niveis educativos
A28 - Adquirir, avaliar e utilizar os principios básicos da actividade industrial, xestión e organización do traballo
A26 - Levar a cabo procedementos estándares de laboratorios implicados en traballos analíticos e sintéticos, en relación con sistemas orgánicos e inorgánicos
Os nosos titulados poden atoparse en multitude de postos en calquera sector. O Grao en Química é unha das titulacións que teñen arestora un potencial de inserción laboral alto. Algúns dos postos de traballo onde se atopan químicos tipicamente son estes:
Os nosos titulados poden atoparse en multitude de postos en calquera sector. O Grao en Química é unha das titulacións que teñen arestora un potencial de inserción laboral alto. Algúns dos postos de traballo onde se atopan químicos tipicamente son estes:
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Matemáticas 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Física 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Bioloxía | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Química Xeral 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Laboratorio de Química 1 | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
| Matemáticas 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Física 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Xeoloxía | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Química Xeral 2 | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
| Química Xeral 3 | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química Analítica 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Física 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Inorgánica 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Orgánica 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química, Información e Sociedade | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Analítica 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Química Física 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Química Inorgánica 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Química Orgánica 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Laboratorio de Química 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química Analítica Instrumental 1 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Física 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Inorgánica 3 | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Ampliación de Química Orgánica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Enxeñaría Química | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Analítica Instrumental 2 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Experimentación en Química Física | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Química Inorgánica 4 | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Experimentación en Química Orgánica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Bioquímica e Química Biolóxica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Química Analítica Avanzada e Quimiometría | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Física Avanzada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Inorgánica Avanzada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Química Orgánica Avanzada | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Ciencia de Materiais | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
| Deseño, Redacción e Xestión de Proxectos en Química | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
| Medio Ambiente e Calidade | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Laboautomatización | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Química Industrial | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Química Médica | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Tecnoloxía Química | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Traballo de Fin de Grao | Obrigatorio | 2º | 15 ECTS | |
| Prácticas Externas 1 | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
| Prácticas Externas 2 | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Bioloxía, Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Enxeñaría Civil, Física e Ciencias da Terra, Letras, Matemáticas, Psicoloxía e Química.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.