A Química é unha ciencia clave para comprender, transformar e mellorar o mundo que nos rodea. Nun contexto marcado por grandes retos globais, como a sustentabilidade ambiental, a transición enerxética, a saúde, a seguridade alimentaria ou o desenvolvemento de novos materiais, a formación en Química resulta hoxe máis relevante que nunca. Os químicos e as químicas desempeñan un papel esencial na busca de solucións innovadoras e responsables que contribúan ao benestar da sociedade e ao progreso tecnolóxico.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
|
Prazas ofertadas para o curso 2025/2026 |
50 |
Estudar o Grao en Química proporciona
unha sólida base científica e experimental, combinando coñecementos teóricos
fundamentais cunha intensa formación práctica en laboratorio. Desenvolvense competencias clave como o pensamento crítico, a capacidade de análise, a
resolución de problemas complexos e o manexo de técnicas e instrumentación
avanzadas.
Ademais, a Química é unha disciplina
transversal, estreitamente conectada con ámbitos como a biotecnoloxía, as
ciencias ambientais, a farmacia, a enxeñaría, a ciencia de materiais ou a
industria sanitaria e agroalimentaria. Esta versatilidade abre un amplo abanico
de saídas profesionais en sectores estratéxicos, tanto no ámbito
industrial como na investigación, a docencia, os servicios técnicos
especializados ou a administración pública.
Cursar o Grao en Química supón apostar
por unha formación rigorosa, moderna e con proxección de futuro, que prepara ás persoas tituladas para adaptarse a un contorno científico e profesional en
constante evolución e para contribuír activamente a unha sociedade máis
sostible, innovadora e baseada no coñecemento.
Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.
| Curso de comezo | 2009/2010 |
| Data última modificación/verificación ACSUG | 06/05/2009 |
| Data autorización Consello Xunta | 27/08/2009 |
| Data publicación autorización DOG | 16/09/2009 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 05/01/2010 |
| Data publicación plan estudos DOG | 12/08/2020 |
| Data publicación plan estudos BOE | 13/08/2020 |