1. Capacidade de utilizar e aplicar os coñecementos adquiridos nos ámbitos profesionais e disciplinares en relación directa coa equidade en educación. 2. Capacidade para deseñar e denvolver alternativas orixinais e innovadoras para dar resposta ás distintas demandas e problemáticas educativas desde a perspectiva da equidade e a xustiza social. 3. Contribuír a través dunha investigación orixinal que amplíe fronteiras do coñecemento desenvuelto un corpus substancial, en torno aos campos da equidade na educación e a innovación. 4. Capacidade de deseñar un proxecto de investigación para desenvolver unha análise crítica e avaliativa de situación complexas e innovadoras utilizando coñecementos/metodoloxía de traballo para avanzar nas fronteiras do coñecemento no ámbito temático de estudo. 5. Desenvolvemento de capacidades comprensivas, de análise e síntese. 6. Desenvolvemento de capacidades de aplicación de coñecementos a contornas novas, para formular e resolver novas preguntas, para suscitar e contrastar novas hipótesis. 7. Desenvolver habilidades para debater, integrando coñecementos con responsabilidade social e científica, demostrando o dominio de distintas habilidades e métodos de investigación que posibiliten analizar os procesos educativos no actual marco de sociedades cosmopolitas. 8. Realizar unha análise crítica de avaliación e síntese de ideas novas e complexas, sobre proxectos de investigación en desenvolvemento na área de coñecemento de educación e equidade, valorando as súas posibilidades de transferencia e mellora das prácticas educativas.
Profesorado dos diversos niveis do sistema educativo e investigadores no campo da educación.
Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.
complementos | créditos |
---|---|
Análisis Estadístico de datos en la investigación educativa | 6 |
Investigación interpretativa postparadigmática en educación: de la etnografía a la cartografía social | 3 |
La investigación educativa desde una perspectiva cuantitativa | 3 |
La investigación histórico-educativa | 3 |
La Investigación-acción e innovación educativa | 3 |
La investigación en la orientación | 3 |
Metodología de investigación educativa: los estudios de caso | 3 |
Metodología de investigación en dramatización, historia y sociedad | 3 |
Metodologías de evaluación de la calidad en centros educativos | 3 |
Controversias e imaxes na educación nunha sociedade multicultural | 3 |
A educación dos medios de comunciación na sociedade multipantalla | 3 |
Tecnoloxías da información e comunicación (TIC) en educación: cales, quen e como se integran en centros e aulas. Proxectos de traballo. | 3 |
Da integración á inclusión educativa do alumnado con necesiades educativas especiais | 3 |
A educación permanente nas sociedades da información | 3 |
Educación e políticas de igualdade | 3 |
Política, cultura, educación e xustiza curricular en sociedades democráticas | 3 |
A orientación profesional no marco da aprendizaxe ao longo da vida | 3 |
Investigación avaliativa en programas e servizos educativos | 3 |
Metodoloxía da investigación en artes escénicas | 3 |
Educación física, educación para a saúde e calidade de vida | 3 |
Lecer e deporte: perspectivas para a acción socioeducativa na infancia | 3 |
Educación matemática e compoñentes sociais e culturais do currículo. | 3 |
As actitudes na aprendizaxe de matemáticas | 3 |
Problemática da aprendizaxe nas ciencias da naturaleza | 3 |
Estratexias de ensino en ciencias e en educación ambiental | 3 |
Xénese e evolución do sistema educativo en Galicia no período contemporáneo | 3 |
Problemas sociais. xustiza xuvenil e educación | 3 |
Municipio e acción educativa | 3 |
Reformas e innovacións educativas: entre a política educativa e a práctica escolar | 3 |
Investigación-Acción e Innovación | 4,5 |
Instrumentos para a avaliación de programas e servizos | 4,5 |
Tratamento da información na xestión e avaliación das institucións | 4,5 |
Inclusión educativa e práctica psicopedagóxica | 4,5 |
Metodoloxías de investigación orientadas á innovación | 3 |
Estudo de necesidades e avaliación de programas | 3 |
Proxecos e informes de investigación | 3 |
Investigación e innovación en didáctica da lingua e a literatura estranxeira | 3 |
Investigación cuantitativa orientada a innovación | 3 |
Investigación cualitativa orientada a innovación | 3 |
Metodoloxía Cualitativa | 3 |
Metodoloxía Cuantitativa | 3 |
Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada | 3 |
Investigación e innovación en didáctica da expresión musical | 3 |
Inserción e Orientación Laboral | 4 |
Metodoloxía de Investigación Educativa | 3 |
Aplicación das TIC na Innovación Educativa | 3 |
Investigación e Innovación en Didácticas das Ciencias Experimentais | 3 |
Novas tendencias na Educación Ambiental | 3 |
Investigación e Innovación na Didáctica da Expresión Corporal | 3 |
Investigación e Innovación en Educación Musical | 3 |
Investigación e innovación en didáctica da lingua e a literatura estranxeira (Inglés/Francés) | 3 |
Documentación, Organización e Presentación dun Traballo de Investigación | 3 |
Investigación Cualitativa en Educación | 3 |
Investigación Cuantitativa | 3 |
Investigación, Acción e Innovación | 3 |
Avaliación de Materiais Curriculares | 3 |
Tratamento da información cualitativa e cuantitativa na investigación dentro da xestión, avaliación e diagnose das institucións escolares | 3 |
Expresión musical e novas tecnoloxías. estratexias didácticas | 3 |
Investigación e Innovación en Didáctica das Ciencias Sociais | 3 |
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.