Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.
11
prazas ofertadas no curso 2024/2025
Perfil de admisión recomendado
Terán prioridade de acceso ao Doutoramento os solicitantes que teñan unha traxectoria formativa previa de grao e posgrao do ámbito da Educación, priorizados estes candidatos segundo o expediente académico.
A CAPD poderá admitir a candidatos cuxa formación previa de grado ou máster non estea nuclearmente relacionada coa Educación sempre que a Comisión estime que a súa traxectoria formativa e/ou experiencia laboral previa é coherente co Programa. Estes candidatos serán igualmente priorizados por expediente académico.
Cada universidade realizará a admisión da súa cota de candidatos e, no caso de que a devandita cota non sexa cuberto, as prazas sen adxudicar poderán ser asignadas para candidatos das demais universidades.
Terán prioridade quen cursaran os seguintes másteres (entre paréntese especifícase se deberán realizar complementos formativos):
1)Máster en Innovación, orientación e avaliación educativa pola Universidade de A Coruña (non).2)Máster Universitario en Formación do Profesorado de ESO, Bacharelato, Formación Profesional e Ensino de Idiomas polas universidades de A Coruña, Cantabria, Oviedo, Santiago de Compostela e Vigo (si).3)Máster Universitario en Investigación e Innovación en contextos educativos pola Universidade de Cantabria (non).4)Máster Universitario en Intervención e Investigación Socioeducativa pola Universidade de Oviedo (non)
5)Máster Universitario en Educación, Xénero e Igualdade pola Universidade de Santiago de Compostela (non).6)Máster Universitario en Procesos de Formación pola Universidade de Santiago de Compostela (non).7)Máster Universitario en Investigación en Educación, Diversidade Cultural e Desenvolvemento Comunitario pola Universidade de Santiago de Compostela (non).8)Máster Universitario en Dirección de Actividades Educativas na Natureza pola Universidade de Santiago de Compostela (non).9)Máster Universitario en Dificultades de Aprendizaxe e Procesos Cognitivos pola Universidade de Vigo (non)
10)Máster Universitario en Investigación psicosocioeducativa con adolescentes
Procedemento xeral de solicitude de admisión
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.
Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.
Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado
Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A solicitude de admisión realizarase a través da Secretaría Virtual do estudante e a documentación xustificativa entregarase entregará na UADI da Facultade de Ciencias da Educación.
A CAPD publicará as listaxes provisional e definitiva do alumnado admitido na web do programa de doutoramento no portal de estudos da UDC.
As reclamacións á listaxe provisional entregaranse na UADI da Facultade de Ciencias da Educación.
A solicitude de matrícula a tempo parcial, cambio de modalidade de matrícula e baixa temporal no programa deberá presentarse na UADI da Facultade de Ciencias da Educación.
Prazos
A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.