Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

2025/2026 · 120 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos exponse como un programa formativo de dous anos académicos de duración. No deseño do seu plan de estudos buscouse adaptar cronoloxicamente a secuencia de ensinos ao proceso industrial de elaboración dun videoxogo, centrándose na súa natureza de produto de consumo audiovisual interactivo, de forte compoñente técnica, desde a súa formulación de viabilidade e conceptualización inicial ata a súa comercialización final, pasando pola fase de deseño e desenvolvemento.

É un título oficial que aborda as temáticas necesarias para converter o alumnado en profesionais completos e capaces de achegar solucións creativas nunha industria cada vez máis dinámica e necesitada de talento.

O mestrado impártese na Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro. A EPEF naceu no ano 2021 como resultado da fusión das dúas escolas de enxeñaría da cidade, a Escola Universitaria Politécnica e a Escola Politécnica Superior, con máis de 50 anos de traxectoria na formación no ámbito da enxeñaría.

O estudo está verificado e publicado

 

Prazas ofertadas para o curso 2025/2026
25

Por que estudar a titulación

Este mestrado destaca porque:
  • É oficial, presencial e cunha clara orientación práctica. 
  • Ofrece formación especializada con profesorado experto e profesionais en activo. 
  • Permite desenvolver proxectos completos, incluído o teu primeiro videoxogo profesional. 
  • Inclúe prácticas en empresa, facilitando a inserción laboral. 
  • Conta con alumnado de perfís diversos, favorecendo equipos multidisciplinares. 
  • Ofrece itinerarios flexibles:  Arte e Tecnoloxía para Videoxogos ou Programación e Aplicacións Avanzadas. 

Pode consultarse máis información e ver exemplos dos proxectos realizados polo alumnado en mastervideojuegos.udc.gal

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 29/07/2022
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018
Data publicación plan estudos DOG 06/03/2019
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2019