Tres especialidades, de 45 ECTS:
a.-Investigación e Innovación Sociosanitaria: Especialidade semipresencial para a formación e investigación en Humanización en Ciencias da Saúde, Saúde Ocupacional e Colectiva e Promoción da Saúde. 20 Prazas
b.-Fundamentos de Investigación Biomédica: Especialidade semipresencial para a formación avanzada en técnicas de investigación en Bioloxía Celular, Cultivo Celular, Terapia Celular e Medicina Rexenerativa, Bioquímica e Bioloxía Molecular, Xenética, Xenómica, Proteómica, Microbioloxía, Neurociencia, Bioinformática, Epidemioloxía, etc. 10 Prazas
c.-Investigación Clínica: especialidade a distancia para a formación e investigación no ámbito da clínica. 20 prazas
Pode consultar os horarios aquí: http://www.mastermais.udc.es/
Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, acotío nun contexto de investigación.
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos.
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan, a públicos especializados e non especializados.
Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando.
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao largo da vida.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas con que deben enfrontarse.
Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultura da sociedade.
Expresarse correctamente, tanto de forma oral como escrita, nas linguas oficiais de da comunidade autónoma.
Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma extranxeiro.
O Mestrado capacita para a realización da activade investigadora no ámbito das ciencias da saúde, desde un punto de vista multidisciplinar que abrangue desde a investigación básica á clínica.
Os grupos de investigación da UDC implicados no presente programa, e tamén os grupos de investigación do CHUAC e do INIBIC, presentan unha considerable produción científica e dispoñen dun número apreciable de proxectos de I+D+i. Un feito que demostra o interese e o apoio da Administración na evolución destos grupos é o proxecto de creación do Centro de Investigación Tecnolóxica en Saúde e Calidade de Vida (Proxecto ASISTA), no futuro Parque Tecnolóxico da UDC.
En función da especialidade realizada, o Mestrado capacita para a actividade nos seguintes campos: investigación básica e clínica, desenvolvemento de ensaios clínicos, laboratorios clínicos, industria farmacéutica e biotecnolóxica, sanidade e benestar humano. O Mestrado dá acceso ós Programas de Doutoramento en “Ciencias da Saúde” e “Saúde e Motricidade Humana”, que ofrece un amplo abano de grupos e liñas de investigación. Máis información en http://www.udc.es/ensino/doutoramento/
Este mestrado conta cunha notable participación de grupos de investigación da UDC no ámbito das ciencias da saúde e coa colaboración dos grupos de investigación do Complexo Hospitalario Universitario A Coruña (CHUAC) e do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC). O conxunto destes grupos caracterízase por unha abondosa produción científica e pola súa capacidade para conseguir financiamento público e privado para desenvolver proxectos de I+D+i.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Información Científica e Busca de Información en Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Metodoloxía para a Investigación Clínico-Epidemiolóxica e Traslacional | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Aspectos Éticos e Xurídicos na Investigación en Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Xestión da Investigación Sanitaria | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Estatística Aplicada a Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Influencia dos Factores de Risco e a Actividade Física sobre a Calidade de Vida | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Nutrición e Calidade de Vida | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Termalismo e Balneoterapia | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Tecnoloxías e Tratamento de Datos para a Investigación en Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Investigación Cualitativa en Ciencias da Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Organizacións Sociosanitarias Centradas na Humanización | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Humanización da Asistencia Sanitaria | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Tecnoloxías Aplicadas á Investigación e Intervención en Saúde | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Investigación en Ocupación Humana e as Múltiples Diversidades | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Investigación en Ocupación Humana e Determinantes Sociais da Saúde | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Xénero, Saúde e Coidados | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Innovación en Promoción da Saúde. Rehabilitación e Autonomía Persoal | Optativo | 2º | 4,5 ECTS | |
Neurorrehabilitación Integral e Comunitaria | Optativo | 2º | 4,5 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Técnicas Histolóxicas | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Técnicas de Cultivo Celular | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Técnicas de Manipulación e Análise de Proteínas | Optativo | 1º | 4,5 ECTS | |
Técnicas de Manipulación e Análise de Ácidos Nucleicos | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Aplicación das Técnicas de Investigación en Ciencias da Saúde | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Seminarios Científicos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Estancia nun Grupo de Investigación | Optativo | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Modelos Estatísticos para a Investigación Clínica | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Investigación Cualitativa en Investigación Clínica | Optativo | 1º | 6 ECTS | |
Avaliación da Calidade da Investigación | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Preparación dun Proxecto de Investigación Clínica | Optativo | 2º | 6 ECTS | |
Revisións Sistemáticas e Metaanálise | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Análise de Supervivencia e Probas Diagnósticas | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Comunicación Científica | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Ensaios Clínicos: Aspectos Metodolóxicos e Ético-Xurídicos | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster: Investigación e Innovación Sociosanitaria | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS | |
Traballo Fin de Máster: Fundamentos de Investigación Biomédica | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS | |
Traballo Fin de Máster: Investigación Clínica | Obrigatorio | 2º | 12 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.