O Mestrado Universitario en Asistencia e Investigación Sanitaria (MAIS) é un título da Facultade de Ciencias da Saúde cuxa duración é de 60 ECTS (anual). Pertence á rama de coñecemento de Ciencias da Saúde e está orientado cara á formación en investigación básica e clínica.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 28 de xaneiro de 2019.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
50 |
Este mestrado está deseñado para estudantes que queiran orientar os seus intereses profesionais á investigación biomédica e que procedan das titulacións de ciencias da saúde, como Medicina, Enfermaría, Terapia Ocupacional, Fisioterapia, Logopedia, Odontoloxía..., ou de titulacións afíns á investigación biomédica, como Bioloxía, Farmacia...
Conta coa colaboración do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC) e co Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (CHUAC).
Curso de comezo | 2010/2011 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 07/05/2021 |
Data autorización Consello Xunta | 01/02/2007 |
Data publicación autorización DOG | 08/02/2007 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/05/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 30/01/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 04/02/2023 |