A Escola Politécnica Superior comezou a súa andaina como centro da Universidade da Coruña no ano 1991. Está situada en Ferrol; no Campus de Esteiro: un conxunto arquitectónico singular que combina construcións de comezos do século XX rehabilitadas con edificios de nova planta.
Nos case trinta anos de andaina da EPS formáronse nas súas aulas e laboratorios unha boa parte dos enxeñeiros que dan soporte tecnolóxico e dirixen as empresas que constitúen ao armazón industrial de Galicia en sectores tan variados como a automoción, a enerxía, o téxtil, … Ademais, entre os egresados da EPS hai profesionais que ocupan postos de relevancia en compañías con renome internacional, en centros de investigación, en todos os ámbitos da administración, etc.
A partir do curso 2010/2011, a adaptación das titulacións universitarias ao Espazo Europeo de Educación Superior, motivou a substitución dos plans de estudos conducentes aos títulos de Enxeñeiro por outros de Graduado.As materias que se estudan para obter o Grao en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais estrutúranse en catro cursos, con dous cuadrimestres por curso. En cada cuadrimestre cúrsanse ordinariamente cinco materias.
Este itinerario curricular que conduce ao título de Graduado en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais pola Universidade da Coruña permite aespecialización en Enerxía e Industria Intelixente Estas mencións de especialización que complementan o título de graduado dos egresados, obtéñense cursando unhas determinadas materias optativas en terceiro e cuarto curso. Así pois, hai dúas liñas curriculares que conducen a estas dúas especialidades. O estudante pode seguir unha delas, as dúas ou ningunha e así se reflicte finalmente no seu título, coa correspondente mención.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 20 de xullo de 2016.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
45 |
Unha carreira sen paro… En catro anos formamos profesionais altamente cualificados e preparados para accederen a un mercado laboral cunha altísima demanda pola multitude de campos de actuación, e que posteriormente poden seguir formándose mediante a titulación do Mestrado en Enxeñaría Industrial.
Una profesión fascinante… Realiza traballos como os seguintes: deseño de novos materiais, proxección e explotación de parques eólicos, centrais hidráulicas, pilas de combustible, combustibles alternativos ou construcións bioclimáticas, entre outros.
Formación práctica en empresas… Poderás levar a cabo prácticas dentro dun amplo abano de empresas concertadas que abranguen practicamente todos os sectores da profesión.
Grupos de docencia reducidos… As clases impártense sempre en grupos reducidos, con non máis de 50 alumnos nas exposicións teóricas e un máximo de 20 nas sesións prácticas. Así se permite unha atención personalizada do alumnado que non é fácil atopar noutras universidades máis masificadas. Ademais, as sinerxias que se xeran entre docentes e estudantes das distintas enxeñerías que se imparten no campus, redundan nun beneficio neto na formación do futuro graduado.
A vida no Campus de Esteiro… O Campus de Esteiro se encontra situado no centro da cidade de Ferrol. A oferta de aloxamento para estudantes en Ferrol é moi ampla e en xeral pódese considerar que o custo da vida é menor que noutras cidades que ofertan estes estudos.
Curso de comezo | 2010/2011 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 10/07/2019 |
Data autorización Consello Xunta | 11/11/2010 |
Data publicación autorización DOG | 17/11/2010 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 16/03/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 13/10/2022 |
Data publicación plan estudos BOE | 17/10/2022 |