Todos os graos en enxeñería comparten un sistema de formación similar que promove o sustento do coñecemento específico sobre unha sólida formación básica. Esta é quizá una das diferenzas fundamentais entre unha enxeñería e os estudos de grao medio (formación profesional). Por este motivo, entre os contidos propios hai materias básicas que ocupan os primeiros anos e específicas ou propias da titulación.
Co Grao en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais poderás elixir áreas de especialización, sen renunciar a unha formación de carácter xeneralista.
Ao comezo da titulación estúdase a base científica e técnica común á enxeñería, a continuación, impártense os coñecementos propios da rama industrial e finalmente, cúrsanse as materias optativas que dan opción á obtención das mencións ou especializacións en Enerxía e Industria Intelixente.
O Grado en Enxeñaría en Tecnoloxías Industriais é o máis xeneralista de todas as enxeñerías, que abarca todos os sectores da industria. A base multidisciplinar deste Grao permite a estes profesionais adaptarse a calquera sector da industria, atopando a solución aos diferentes problemas que se expoñen tanto de orde tecnolóxica, como económico ou de xestión.
Este título dá acceso directo ao Máster de Enxeñería Industrial, que habilita para a profesión de Enxeñeiro Industrial.
A revolución científico-tecnolóxica na que estamos inmersos, supón un incremento da demanda de enxeñeiros .
As características socioeconómicas da provincia da Coruña,que conta cun importante tecido empresarial e industrial, fai que a demanda de enxeñeiros sea constante.
Isto facilita a inserción dos nosos graduados, que teñen unha empregabilidade do 100%.
Esta titulación permite traballar en todos os sectores da industria (loxística, automoción, metalurxia, mecánica, aeroespacial, enerxía, automatización, mantemento, etc.), así como en investigación e en docencia. Entre as múltiples actividades que poderán desempeñar están:
A EPS dispón de mais de 200 convenios firmados con empresas de todos os sectores industriais, das cales as mais relevantes son:
O título de Graduado en Enxeñería en Tecnoloxías Industriais pola Universidade da Coruña permite a especialización ou mención en Enerxía e Industria Intelixente. Estas mencións de especialización que complementan o título de graduado dos egresados, obtéñense cursando unhas determinadas materias optativas en terceiro e cuarto curso.
Para obter unha mención o alumno debe matricularse de 18 dos 30 créditos de optativas da mención correspondente. En caso de querer obter as dúas debe de matricularse en 18 de 30 créditos de optativas de cada unha das mencións.
As materias optativas que integran as mencións son as seguintes:Mención en Enerxía
Mención en Industria Intelixente
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Cálculo | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Expresión Gráfica | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Física I | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Informática | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Química | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Álxebra | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Ciencia de Materiais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Estatística | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Física II | Formación básica | 2º | 6 ECTS | |
Xestión Empresarial | Formación básica | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Ecuacións Diferenciais | Formación básica | 1º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Electricidade | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Termodinámica | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enxeñaría Medioambiental | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Campos e Ondas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Resistencia de Materiais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Automática | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Fundamentos de Electrónica | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Mecánica de Fluídos | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Teoría de Máquinas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Tecnoloxías de Fabricación | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Organización de Empresas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Enerxías Renovables | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Máquinas Eléctricas | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Tecnoloxía Química | Obrigatorio | 1º | 6 ECTS | |
Calor e Frío Industrial/Refrixeración | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Máquinas Térmicas e Hidráulicas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Electrónica de Potencia | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Centrais Enerxéticas | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS | |
Análise e Deseño de Estruturas e Construcións Industriais | Obrigatorio | 2º | 6 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo de docentes dos departamentos de: Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información, Ciencias da Navegación e Enxeñaría Mariña, Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas, Empresa, Enxeñaría Civil, Enxeñaría de Computadores, Enxeñaría Industrial, Enxeñaría Naval e Industrial, Física e Ciencias da Terra, Matemáticas e Química.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.