Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2024/2025 · 240 créditos

Introdución

O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da Fundación Escola Universitaria de Relacións Laborais da Coruña é unha titulación oficial que se inscribe na área de coñecemento das Ciencias Sociais e Xurídicas e que é impartida por un centro privado adscrito á Universidade da Coruña.

A formación presencial ao longo de catro cursos académicos (240 ECTS) ten por finalidade a formación de expertos no eido da organización do traballo, a xestión dos recursos humanos, a lexislación laboral e a facenda pública, alén de na xestión de políticas sociais. En definitiva, a formación de profesionais que se incorporen nun equipo multidisciplinar, con polivalencia funcional e capacidade de adaptación ás novas tecnoloxías co fin de daren resposta aos novos desafíos do mundo do traballo.

www.erlac.es

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o martes, 12 de decembro de 2023.

 

Consulta co centro adscrito para coñecer os prezos de matrícula.
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
50

Por que estudar a titulación

Dado que a sociedade sufriu nestes últimos anos unha rápida evolución derivada de cambios estruturais no contorno económico, xurídico e sociolaboral, o que influíu no contexto de traballo e a estrutura organizativa de empresas e institucións, faise evidente a necesidade social de profesionais que posúan habilidades e coñecementos para desenvolveren tarefas de ámbito multidisciplinar no mundo do traballo, afrontando os novos retos que condicionan a estrutura organizativa de empresas institucións.

Baixo esta premisa, o Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos permite ao noso alumnado adquirir as competencias necesarias para desempeñar o seu labor profesional neste contexto.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2009/2010
Data última modificación/verificación ACSUG 19/06/2009
Data autorización Consello Xunta 27/08/2009
Data publicación autorización DOG 16/09/2009
Data publicación BOE de carácter oficial 05/01/2010
Data publicación plan estudos DOG 18/05/2010
Data publicación plan estudos BOE 26/04/2010