Os estudos do Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos capacitan o noso alumnado para a adquisición e a aplicación de coñecementos teóricos e prácticos nos ámbitos relativos á organización do traballo e a xestión e dirección de persoas, aplicando as tecnoloxías da información e a comunicación e fomentando a aprendizaxe autónoma ao longo da vida. Habilítanos, así mesmo, para o acceso a estudos posteriores de especialización (mestrados e doutoramentos).
O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos fomenta, no marco dunha conduta ética e responsable, a identificación, análise, planificación e resolución de situacións propias das actividades dos xestores de persoas nas organizacións en relación coa sociedade, primando o traballo en equipo e rede; e inspira, igualmente, a capacidade crítica e a cultura emprendedora.
Estes estudos permítenlles aos estudantes adquirir coñecementos e a experiencia necesaria para exercer a súa profesión tanto no xurídico como no organizativo dos recursos humanos por medio dun acercamento multidisciplinar ás relacións laborais e ao emprego, tanto desde o estudo da normativa laboral como desde unha dimensión social e psicolóxica.
Trabállase de forma específica cos alumnos a adquisición de competencias no uso das TIC aplicadas ao ámbito laboral, a consolidación das linguas estranxeiras mediante programas de formación propios e programas de mobilidade, e o achegamento ao mundo laboral a través das prácticas en empresas.
O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos fomenta, no marco dunha conduta ética e responsable, a identificación, análise, planificación e resolución de situacións propias das actividades dos xestores de persoas nas organizacións en relación coa sociedade, primando o traballo en equipo e rede; e inspira, igualmente, a capacidade crítica e a cultura emprendedora.
O Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos estrutúrase en 240 créditos ao longo dunha secuencia formativa de catro anos académicos (60 ECTS por curso), que á súa vez se dividen en dous cuadrimestres.
O plan de estudos conta cunha oferta total de 276 créditos. Esta oferta inclúe toda a formación práctica e teórica que o/a estudante debe adquirir segundo a distribución que o Grao en Relación Laborais e Recursos Humanos mantén canto ás materias básicas da rama, materias obrigatorias e materias optativas, Traballo de Fin de Grao e outras actividades formativas.
Véxanse as táboas de planificación no web do centro.
Os estudos de grao organízanse por cursos. Fai clic nun curso para obter máis información.
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Introdución ao Dereito | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Introdución á Economía | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Organización de Empresa | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Psicoloxía do Traballo | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática Básica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Societario e Cooperativo | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía e Empresa | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Métodos de Traballo | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia Social e Política Contemporánea | Formación Básica | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Teoría das Relacións Laborais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Dereito do Traballo I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito do Traballo II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Sindical I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Sindical II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección e Xestión de RRHH I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección e Xestión de RRHH II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Socioloxía do Traballo | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estatística Descritiva | Formación Básica | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Comportamento Organizacional | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Técnicas de Investigación Social | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Dereito da Seguridade Social I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito da Seguridade Social II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prevención e Xestión de Riscos Laborais I | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prevención e Xestión de Riscos Laborais II | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía Española | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Contabilidade | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Economía do Traballo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Administrativo | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Técnicas de Negociación | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dirección Estratéxica | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas de Dereito do Traballo e da Seguridade Social | Obrigatoria | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Procesual Laboral | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Políticas Sociolaborais | Obrigatoria | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Traballo Fin de Grao | Traballo Fin de Grao | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS |
| Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
|---|---|---|---|---|
| Auditoría Laboral | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Dereito Laboral Comunitario e Inst. da Unión Europea | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Estrutura Social | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Xestión Medioambiental | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Habilidades e Técnicas de Comunicación Empresarial | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Historia Social do Traballo | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Informática Aplicada | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Procedemento Administrativo Laboral e Sancionador | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Sistema Impositivo e Fiscalidade da Empresa | Optativa | Primeiro Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Socioloxía do Consumo | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Valoración Contable | Optativa | Segundo Cuadrimestre | 6,0 ECTS | |
| Prácticas Externas | Optativa | Anual | 12,0 ECTS |
Para a elaboración do proxecto final e unha vez recibidas as alegacións oportunas, tivéronse en conta os informes emitidos polas seguintes entidades
Véxase a memoria de verificación: xustificación do título.
Por parte do centro de Ferrol, e logo de consultar os departamentos con docencia neste centro, designáronse os membros da Comisión Redactora do Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC, que se encargaron de elaborar a proposta.
Esta comisión estivo formada por sete profesores, dous estudantes e un membro do PAS do centro de Ferrol, así como o director e dous profesores do centro da Coruña. A través dos profesores membros da Comisión estiveron representados todos os departamentos e a maior parte das áreas de coñecemento con docencia na titulación.
Unha vez aprobada a composición da Comisión Redactora do Título de Grao en Relacións Laborais e Recursos Humanos da UDC mantivéronse unha serie de reunións orientadas á elaboración do plan de docencia co obxecto de acordar a definición das materias básicas e obrigatorias, así como as optativas, da titulación; os descritores das materias; a distribución das materias por cuadrimestre; os profesores responsables das materias, e as competencias da titulación etc. A súa proposta foi aprobada pola Xunta de Facultade do centro de Ferrol o 31 de outubro de 2008.
Para ampliar esta información consúltese a memoria de verificación: xustificación do título.
Polo de agora o estudo non ten departamentos encargados da súa docencia.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.