O Grao en Tecnoloxía da Enxeñaría Civil é unha adaptación e mellora do primeiro ciclo da actual titulación de Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos ao espazo europeo de educación superior. O obxectivo principal desta titulación é formar enxeñeiros cunha sólida base científica que poidan acceder ao Máster Universitario en Enxeñaría de Camiños, Canais e Portos coa mellor preparación posible.
En 2018 este grao obtivo o selo de calidade internacional EUR-ACE sen prescripcións.
Contacta con nós:
Tel. 981 167 000, ext. 1440
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
50 |
As razóns para estudar este título radican en que foi deseñado:
Este grao ten unha das mellores insercións laborais da UDC e uns salarios medios moi superiores á media segundo o informe do observatorio ocupacional da UDC de 2019 para os titulados en 2014.
Este grao tamén permite o acceso á profesión regulada de Enxeñería Técnica de Obras Públicas: Esp. en Construcións Civís.
A Escola conta cunha ampla oferta de prácticas en empresas (unhas 100 ao ano) que garante a realización de prácticas en empresas e un portal de emprego .
Os alumnos dispoñen de convenios de mobilidade internacional (Erasmus, etc.): Polit. Milán, Univ. Stuttgart, Univ. Chalmers, Univ. San Diego, etc.
A docencia nas aulas compleméntase con prácticas de laboratorio na Escola e no CITEEC.
Os estudantes disfrutan dunha ampla vida universitaria: actividades deportivas (Intercamiños), viaxes de prácticas, Asociacións estudantís (Delegación de alumnos, clube deportivo, etc.), Enxeñería Sen Fronteiras, cursos de formación (e.g. “soft skills”), etc.
Os alumnos indican en este video as súas razóns para estudar na Escola.
Este estudo é plurilingüe. O alumnado terá a opción de cursar parte do estudo en outras linguas.
Curso de comezo | 2010/2011 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 16/07/2010 |
Data autorización Consello Xunta | 11/11/2010 |
Data publicación autorización DOG | 17/11/2010 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 16/03/2011 |
Data publicación plan estudos DOG | 27/09/2017 |
Data publicación plan estudos BOE | 30/09/2017 |