Grao en Máquinas Navais

2021/2022 · 240 créditos

Introdución

Os estudos do Grao en Máquinas Navais teñen carácter enxeñeril e tecnolóxico. Dan acceso ao exercicio, a bordo de buques, das profesións de Oficial de Máquinas da mariña mercante, e xunto co mestrado en Enxeñaría Mariña á profesión de Xefe de Máquinas da mariña mercante.

O plan de estudos está deseñado para capacitar o estudantado de cara á realización de actividades de operación, mantemento e xestión de todas as instalacións con que conta un buque e no sector industrial terrestre.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.292€
Prazas ofertadas para o curso 2021/2022
50

Por que estudar a titulación

Titulación con taxa de paro do 0% é altos salarios.

O grao en Máquinas Navais obtén o mellor índice de inserción laboral de todo o sistema universitario galego, segundo o último informe elaborado pola Axencia de Calidade do Sistema Universitario de Galicia (2021).

O plan de estudos foi deseñado seguindo a normativa internacional que regula a formación dos profesionais mariños, para dar acceso a un mercado laboral cunha alta demanda, coa posibilidade de exerceren a súa actividade en calquera lugar do mundo e en sectores moi amplos do ámbito enxeñeril e tecnolóxico.

Destacar o carácter carácter multidisciplinar da formación adquirida o que facilita a inserción laboral en diferentes áreas, como poden ser os asteleiros, inspección de buques, sociedades de clasificación e todo tipo de industrias que incluen no seu proceso pruductivo ou de servicios a xestión de máquinas térmicas, enerxía e mantemento.

Disponse dun profesorado altamente cualificado, con experiencia profesional maioritaria no ámbito da enxeñaría mariña e outros sectores industriais. Garántese, así, unha formación en conexión directa coa realidade do sector, que se reforza cunha carga de prácticas en empresas de até catro meses.

Así mesmo, o Grao en Máquinas Navais dá acceso ao mestrado que cómpre cursar para exercer a profesión de xefe/a de máquinas.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2021/2022
Data última modificación/verificación ACSUG 24/05/2021
Data autorización Consello Xunta 08/07/2021
Data publicación autorización DOG 16/07/2021
Data publicación BOE de carácter oficial 13/09/2021