Grao en Intelixencia Artificial

2022/2023 · 240 créditos

Introdución

Aínda que a Intelixencia Artificial (IA) veuse desenvolvendo desde hai moito tempo, o seu impacto é real e crecente nos últimos anos. A utilización da IA nun número cada vez maior de ámbitos e sectores está a xerar un gran interese e posibilidades futuras: a medicina personalizada, o vehículo autónomo, a robotización de procesos, a asistencia no fogar ou a tradución automática, son só algúns exemplos dos que só se poderá obter valor se dispomos de profesionais competentes.

O estudo está pendente de verificación

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.292€
Prazas ofertadas para o curso 2022/2023
50

Por que estudar a titulación

Este Grao está dirixido a estudantes que queiran converterse en expertos/as en Intelixencia Artificial, unha disciplina que até agora se abordaba desde a Enxeñaría Informática pero que madurou xa o suficiente como para necesitar estudos máis especializados. As últimas análises publicadas destacan que este é e será un dos perfís profesionais máis demandados e mellor remunerados. Tal é a súa importancia que diversos países (EE.UU., China, Francia, España...) ou organismos como a UE publicaron plans estratéxicos sobre a Intelixencia Artificial co anuncio de investimentos para o seu impulso nos seus respectivos territorios. A formación universitaria en IA é a resposta estratéxica dos países á falta de profesionais neste ámbito. Por exemplo, en China, o Ministerio de Educación aprobou en 2020 a solicitude de 180 centros universitarios para iniciar novos graos en IA, 5 veces máis que no ano anterior. A nivel europeo, a oferta de graos neste ámbito é ampla e consolidada; aínda así, recoméndase formar máis persoal con este perfil para cubrir as máis de 350.000 prazas vacantes para estes profesionais en Europa. A nivel nacional, e fóra do territorio galego, tan só 5 das mellores universidades españolas ofertan este título. Por outra banda, trátase dunha disciplina en constante evolución e mellora cuxos límites están aínda por descubrir. Os/as egresados/as do Grao en Intelixencia Artificial serán a clave para concibir novas solucións intelixentes e influír no noso futuro desenvolvendo tecnoloxía que permita mellorar a vida das persoas.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Santiago de Compostela
  • Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2022/2023