Programa Oficial de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2023/2024

Introdución

O campo de estudo, investigación práctica profesional das Relacións Laborais e Recursos Humanos é un dominio de saber propio, recoñecido pola lei e pola comunidade científica nacional e internacional das Ciencias Sociais e Xurídicas, qu ten a súa esencia no seu carácter interdisciplinar, ao coincidir no mesmo aportacións de múltiples disciplinas como o Dereito nas súas diversas ramas de dereito público e da empresa, a Psicoloxía do Traballo, as Organizacións e os Recursos Humáns, a Socioloxía Organizacional, a Economía de Empresa, a Saúde Ocupacional, Prevención de Riscos e a Ergonomía, a Historia das Relacións Laborais e das Organizacións Sindicais, a Estadística, a Economía do Emprego, a Ciencia Política e da Administración, a Metodoloxía de Investigación Social e Organizacional e, en xeral, todas as ciencias que manteñen relación co mundo do traballo, o emprego e o desemprego.

Este carácter interdisciplinar fai que as os seus/súas investigadores e profesionais teñan unha identidade diferenciada da dos investigadores profesionais das disciplinas que informan as Relacións Laborais e os Recursos Humanos.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
10

Por que estudar a titulación

O Programa Oficial de Doutorado Interuniversitario en Relacións Laborais e Recursos Humáns, é impartido conxuntamente coas Universidades de Santiago de Compostela, Oviedo e Zaragoza, e é pioneiro nas universidades españolas.

O obxectivo xeral do programa é proporcionar excelencia na formación en todos os ámbitos relacionados coas relacións laborais e os recursos humáns en organizacións públicas e privadas.

O programa de doutoramento permitirá o desenvolvemento de teses doutorais de alta calidade, que representen un avance e unha contribución ao coñecemento científico e que impulsen, ao propio tempo, a transferencia de coñecemento á sociedade e a incorporación da investigación técnica do máis alto nivel en organizacións públicas e privadas.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidad de Oviedo
  • Universidad de Zaragoza