Programa Oficial de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos

2023/2024

Que se aprende

O Programa de Doutoramento en Relacións Laborais e Recursos Humanos proporcionará formación doutoral aos estudantes interesados en desenvolver investigación e unha carreira académica e/o profesional no ámbito das relacións laborais e a xestión do persoal, tanto en organizacións do sector privado como organizacións públicas, organizacións non gubernamentais (ONGs) e outras organizacións non lucrativas (p. ex., fundacións). Os estudantes poderán facer investigación en organizacións locais, autonómicas, nacionais e internacionais.

Máis en concreto, a capacitación proporcionada polo programa de doutorado permitirá aos doutorandos e doutores en Relaciones Laborais e Recursos Humanos a realización de investigación científica en ámbitos tradicionais das relaciónss laborais e os recursos humanos.

Saídas profesionais e académicas

Saídas profesionais e académicas

O obxectivo deste programa de doutoramento é formar a profesionais no ámbito das Relacións Laborais e RRHH así como proporcionar a excelencia na formación dos diferentes ámbitos desta titulación para desenvolver actividades profesionais tanto en organizacións públicas como privadas. A formación do doutorando permitirá:

- Desenvolver actividades académicas, docentes e investigadoras en centros de Educación Superior, así como a súa integración en grupos de investigación tanto nacionais como internacionais.

- Desenvolver actividades de consultoría, apoio e asesoramento para as Administracións Públicas. Deseño e dirección na aplicación de políticas públicas, así como planificación estratéxica na implantación de plans de actuación no ámbito do desenvolvemento local.

- Profesionais independentes moi cualificados e con grande capacidade de adaptación a diversos postos de traballo, no ámbito empresarial dende a mediación, conciliación e arbitraxe laboral, dirección e xestión de RRHH, prevención de riscos, así como o ámbito xurídico- laboral entre outros aspectos. Desenvolvemento de postos de traballo que precisen competencias de liderado e dirección.

Liñas de investigación

Estas son as liñas de investigación principáis deste programa de doutoramento:

  • Aspectos Xurídicos da Dirección das Organizacións e Administracións Públicas
  • Psicoloxía das Relacións Laborais e Recursos Humans en Organizacións Privadas e Administración Públicas
  • Socioloxía, Economía, Historia e Política de Relacions Laborais e Recursos Humanos e a Prevención de Riscos

Planificación do ensino

Complementos de formación específicos

No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.

No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admisión.

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas da EIDUDC

Actividades formativas do programa

Actividade 1: Redacción de documentos científicos

Actividade 2: Busca na base de datos e rexistros de información científica

Actividade 3: Presentacións públicas de resultados de investigación

Actividade 4: Seminarios de investigación

Actividade 5: Asistencia a congresos, xornadas e conferencias

Compromiso documental de supervisión

Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.

O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.

Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 31: Compromiso de supervisión.

Plan de investigación

Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.

Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 30: Plan de investigación.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.