Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2023/2024

Introdución

Este novo Programa de Doutoramento está organizado pola Universidade da Coruña coa colaboración de profesores da Universidad Complutense de Madrid. O Programa está dirixido hacia a investigación, o desenvolvemento e a innovación (I+D+i) en tres grandes ámbitos temáticos: as Ciencias da Documentación, as Ciencias da Comunicación e as Humanidades.

Tense especialmente presente no Programa de Doutoramento a contribución de Internet e os desenvolvementos no campo das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TICs), que inciden nas perspectivas dos tres grandes campos temáticos do Programa. Á súa vez, para os doutorandos que desexen especializarse nunha serie de líñas de investigación do Programa, cabe a posibilidade de realizar estancias no Centro de Investigación de Filosofía da Ciencia e a Tecnoloxía, dentro do Campus Industrial, situado en Ferrol.

O estudo está verificado e pendente de publicación

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024
20

Por que estudar a titulación

O obxectivo principal: A elaboración da Tese de Doutoramento

Os estudantes poden alcanzar as capacidades necesarias, tanto metodolóxicas como de técnicas procedimentais, para facer posible a realización, presentación e defensa dunha Tese de Doutoramento na que se plasme a obtención do novo coñecemento (básico, aplicado ou de aplicación efectiva) en un ou en varios dos ámbitos temáticos presentados: as Ciencias da Documentación (Information Science), as Ciencias da Comunicación ou as Humanidades (principalmente, Filosofía e Historia).