Programa Oficial de Doutoramento en Novas Perspectivas en Documentación, Comunicación e Humanidades

2023/2024

Acceso

Poderá acceder aos estudos de doutoramento da UDC o alumnado que cumpra algún dos requisitos recollidos no artigo 15 (Acceso) do Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC.

Admisión

Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.

A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.

Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 16: Admision.

20 prazas ofertadas no curso 2023/2024

Perfil de admisión recomendado

O Programa pode interesar en maior medida a varios tipos de estudantes:

a) Quen realizou un Máster —sobre todo, se é un Máster oficial (RD 1393/2007)—, principalmente nos campos temáticos relacionados coa Documentación, a Comunicación ou as Humanidades;

b) Aqueles estudantes que teñan estudos equivalentes a unha Licenciatura (cinco anos académicos) nos ámbitos temáticos da Documentación, a Comunicación ou as Humanidades;

c) Os estudantes que teñan realizado un Programa de Doutoramento anterior (por exemplo, con un Diploma de Estudos Avanzados ou con suficiencia investigadora) neses campos temáticos e agora desexen presentar a Tese de Doutoramento.

Procedemento xeral de solicitude de admisión

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase a través da secretaría virtual, achegando a documentación acreditativa de reunir os requisitos de acceso. A solicitude de admisión e matrícula para o alumnado externo da UDC debe facerse aquí.

Se desexas obter máis información podes consultar o Procedemento xeral de solicitude de admisión.

Procedemento de solicitude de admisión do alumnado cun título estranxeiro non homologado

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Procedemento xeral por parte da CAPD

Consulta a Admisión e matrícula da EIDUDC.

Requisitos de admisión específicos da CAPD

As solicitudes de acceso deberán realizarse a través da páxina web da UDC, empregando a Secretaría Virtual do estudante. A documentación xustificativa será achegada na UADI de Esteiro (Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña).

O correo electrónico é o seguinte: uxai.esteiro.departamentos@udc.es

Con carácter xeral, cada estudiante ten que acreditar dúas cousas:

1) O cumplimiento dos requisitos formais de acceso aos Estudos de Doutorado requeridos coa normativa en vigor, con especial atención a aqueles candidatos procedentes de países con regulacións distintas do Espazo Europeo de Educación Superior.

2) Plantexar un tema de investigación que, dentro do marco dos tres ámbitos temáticos do Programa de Doutorado (Documentación, Comunicación e Humanidades), ligue con algunha das liñas de investigación ofrecidas polo Programa.

En relación con estes aspectos, para facilitar a atención personalizada a cada solicitante de admisión, está prevista unha entrevista co Coordinador do Programa de Doutorado.

A CAPD publicará as listas provisionais e definitivas de admitidos/as nos lugares previstos ao efecto.

A hora de facer unha reclamación da lista de admitidos/as, o escrito ten que ser enviado aos correspondentes servizos administrativos (Uxai Esteiro Departamentos), nun texto dirixido ao Coordinador do Programa de Doutorado.

Para a solicitude de matrícula a tempo parcial, así como para o cambio da modalidade de matrícula ou a posible baixa temporal, hai que escribir aos correspondentes servizos administrativos (Uxai Esteiro Departamentos), sitos na Rúa Dr. Vázquez Cabrera, s/n; 15403-Ferrol, A Coruña.

O texto da solicitude ten que ir dirixido ao Coordinador do Programa de Doutorado.

Prazos

A solicitude de admisión (ou de renovación da matrícula) e a matrícula nos estudos de doutoramento realizarase de acordo cos prazos aprobados polo Consello de Goberno da UDC.

Matrícula

Consulta a información dispoñible para facer a matrícula nun estudo de doutorado da udc. 

Axudas predoutorais

Consulta as axudas predoutorais na UDC.