Programa Oficial de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde

2024/2025

Introdución

A implantación dun Programa de Doutoramento en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde xurdiu como unha proposta da área de coñecemento de psicoloxía evolutiva e da educación da USC e a UdC á necesidade de dispor dun programa para a formación de doutores en Ciencias Sociais e do Comportamento co propósito de dar resposta a unha serie de necesidades formativas, científicas e de investigación constatables no Sistema Universitario de Galicia (SUG), no ámbito do desenvolvemento psicolóxico humano, a aprendizaxe e a educación, así como o estudo de factores que poidan afectar o axuste psicolóxico e á saúde ao longo do ciclo vital das persoas. Estímase que a oferta dun Programa de Doutoramento Interuniversitario en Desenvolvemento Psicolóxico, Aprendizaxe e Saúde entre ambas as universidades, coordinado pola USC, era fundamental para o desenvolvemento da investigación neste ámbito en Galicia. A nosa proposta de PD é única en ámbito do Sistema Universitario de Galicia (SUG) para a área de Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación.

O estudo está verificado e publicado

O estudo renovou a sua acreditación o luns, 13 de marzo de 2023.

 

Prezo da titoría anual de doutoramento
Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos.
200€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
10

Por que estudar a titulación

O programa de Doutoramento en Desenvolvemento psicolóxico, aprendizaxe e saúde permite a profesionais destes ámbitos comprender mellor a investigación e os últimos avances. Estes estudos permiten mellorar a actividade clínica, educativa e investigadora de titulados en Psicoloxía, Logopedia, Terapia Ocupacional, Psicopedagoxía, Mestre de Infantil ou Primaria e outras titulacións relacionadas coa educación e as ciencias da saúde.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela

Folla de ruta

Curso de comezo 2014/2015
Data última modificación/verificación ACSUG 07/10/2014
Data publicación BOE de carácter oficial 29/01/2015
Data publicación plan estudos BOE 29/01/2015