Este programa integra a maior parte dos/as investigadores/as dos programas de doutoramento dependentes do Departamento de Psicoloxía (UdC) e dos departamentos de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da UdC e a USC, Sendo esencial para atende-las demandas de formación investigadora dos estudiantes de posgrao que cursan os másteres con acceso preferente nos que participa o profesorado deste PD e doutros/ as alumnos/as do estado ou estranxeiros con intereses nas liñas de investigación ofertadas e concretadas en cada un dos equipos de investigación que o compoñen. O PDDPAS articúlase arredor de 6 liñas de investigación que acoutan os ámbitos específicos de formación e en aliñamento principalmente co RETO 3 'Modelo de vida saudada'ble e avellecemento activo da poboación' especificado na Estratexia de Especialización intelixente-RIS3 2021-2027: 1) Envellecemento psicolóxico e demencias; 2) Aprendizaxe escolar, rendemento e benestar psicolóxico; 3) Dificultades de aprendizaxe e necesidades educativas específicas; 4) Desenvolvemento da linguaxe oral, escrita e as súas alteracións; 5) Desenvolvemento psicosocial, axuste e progreso académico en perigos evolutivos transicionais; e 6) Psicoloxía da saúde. Así, desde o punto de vista científico, o Programa de Doutoramento pretende formar investigadores, primando a interdisciplinariedade ao incluír investigadores/as adscritos a diferentes áreas de coñecemento, encadrados nos campos de especialización da Psicoloxía e as ciencias da educación, tal como reflicte a denominación do título e recollen as liñas de investigación incluídas.
CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17.- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
CA01 Desenvolverse en contextos nos que hai pouca información específica.
CA02 Atopar as preguntas claves que hai que responder para resolver un problema complexo.
CA03 Deseñar, crear, desenvolver e emprender proxectos novidosos e innovadores no seu ámbito de coñecemento
CA04 Traballar tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar.
CA05 Integrar coñecementos, enfrontarse á complexidade e formular xuízos con información limitada.
CA06 A crítica e defensa intelectual de solucións.
ET01 - Capacidade para adecuar o compromiso ético establecido no Código Deontolóxico do psicólogo o proxecto de investigación e os informes científicos xerados na práctica investigadora.
ET02 - Capacidade para analizar e comprender de maneira crítica, e expoñer sintéticamente, oralmente e por escrito nos idiomas que habitualmente se usan na comunidade científica, as múltiples e complexas achegas teóricas sobre o tópico de investigación elixido no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
ET03 - Capacidade para elaborar e pór en práctica un deseño metodolóxico completo dunha investigación nova, tanto en equipo como de maneira autónoma nun contexto internacional ou multidisciplinar, a través dunha investigación orixinal que permita xerar innovación e emprendemento no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
ET04 - Dispoñer da habilidade para realizar busca de información relevante e xerar coñecemento científico en ámbitos do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde en que esta escasea e ser capaz de comunicala á comunidade científica e á sociedade, e formular xuízos con información limitada.
ET05 - Capacidade para responder a preguntas clave, enfrontarse á resolución de problemas complexos de maneira nova e innovadora e defender as solucións propostas no ámbito do desenvolvemento psicolóxico, a aprendizaxe e/ou a saúde.
Competencias transversais
CB11 - Comprensión sistemática dun ámbito de estudo e dominio das habilidades e métodos de investigación relacionados co dito ámbito.
CB12 - Capacidade de concibir, deseñar ou crear, pór en práctica e adoptar un proceso substancial de investigación ou creación.
CB13 - Capacidade para contribuír á ampliación das fronteiras do coñecemento a través dunha investigación orixinal.
CB14 - Capacidade de realizar unha análise crítica e de avaliación e síntese de ideas novas e complexas.
CB15 - Capacidade de comunicación coa comunidade académica e científica e coa sociedade en xeral acerca dos seus ámbitos de coñecemento nos modos e idiomas de uso habitual na súa comunidade científica internacional.
CB16 - Capacidade de fomentar, en contextos académicos e profesionais, o avance científico, tecnolóxico, social, artístico ou cultural dentro dunha sociedade superada no coñecemento.
CB17.- Capacidade de fomentar a Ciencia Aberta e a Ciencia Cidadá, conforme o artigo 12 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, como modo de contribuír á consideración do coñecemento científico como un ben común, mediante a avaliación de actividades transversais levadas a cabo pola doutoramento ou o doutorando relacionadas con diferentes dimensións da ciencia aberta e a ciencia cidadá, así como a capacitación adquirida en sendas disciplinas en formato de microcredenciais ou similar.
Complementos de formación específicos
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de máster e grao. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
No caso de realización simultánea o alumnado deberá matricularse destes complementos no momento de formalizar a matrícula de tutela académica no programa, que deberán superarse no prazo máximo de tres cuadrimestres consecutivos. De non facelo así, o alumnado causará baixa no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admisión.
|
complementos
|
créditos
|
| Métodos e deseño na investigación da linguaxe |
3 |
| Metodoloxía da Investigación en Xerontoloxía |
6 |
| Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico |
3 |
| Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación |
3 |
| Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada |
3 |
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas da EIDUDC
Actividades formativas do programa
1. ACTIVIDADE: Manexo de bases de datos e recursos documentais electrónicos (na USC: Cursos de especializados; na UdC: Cursos de Formación de Usuarios )
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 6
2. ACTIVIDADE: Presentación pública do traballo de revisión sobre o estado da cuestión no tópico de investigación.
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 20
3. ACTIVIDADE: Elaboración e presentación de comunicación científica oral e/ou poster en reunión científica de ámbito nacional ou internacional con temática relacionada co tópico de investigación
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 20
4. ACTIVIDADE: Elaboración e presentación de comunicación científica oral en reunión científica de ámbito internacional con temática relacionada co tópico de investigación.
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 25
5. ACTIVIDADE: Presentación pública dos avances no traballo de investigación.
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 25
6. ACTIVIDADE: Estancias en centros de investigación nacionais ou estranxeiros con investigadores/as de prestixio no ámbito de investigación elixido.
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 480
7. ACTIVIDADE: Elaboración e aceptación de artigo científico en publicación con impacto JCR.
DATOS BÁSICOS Nº DE HORAS 60
COMPLEMENTOS DE FORMACIÓN
No caso de que o doutorando careza da formación previa completa esixida no programa, a súa admisión no programa poderá quedar condicionada á superación de complementos de formación específicos, que poderán ser materias ou módulos de mestrado. Os complementos asignados a un mesmo doutorando non poderán superar os 15 créditos ECTS e poderán realizarse de forma previa ou simultánea á matrícula en tutela académica no programa.
Os complementos de formación serán establecidos pola CAPD para cada doctorando/a tendo en conta tres ámbitos básicos de formación: Deseños e métodos de investigación, Análise de datos, e Manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos. A continuación preséntanse os ámbitos formativos e algunhas das materias dispoñibles na USC e a UdC susceptibles de ser propostas para ser cursadas polos/as doctorandos/as:
Universidade de Santiago de Compostela
CF1: Metodoloxía e deontología
-P3321101 - Métodos e deseños na investigación da linguaxe (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS.
- P2021218 Metodoloxía da Investigación en Gerontología (Máster Universitario en Gerontología): 5 ECTS
-P2151201 - Deseños de investigación aplicados á psicoloxía da saúde (Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria).
CF2: Análise de datos, manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos.
-P3321102 - Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS.
P2151202 - Modelos multivariados de análises de datos aplicados á psicoloxía da saúde (Master en Psicoloxía Xeral Sanitaria).
Universidade da Coruña
CF1: Metodoloxía e deontología
-P3321101 - Métodos e deseños na investigación da linguaxe (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS.
-491004 Metodoloxía da Investigación en Gerontología (Máster Universitario en Gerontología): 6 ECTS
CF2: Análise de datos, manexo de bases de datos e elaboración de informes científicos -P3321102 - Análise de casos prácticos a través dun paquete estatístico (Máster Universitario en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías): 3 ECTS.
-652438001 Documentación, organización e presentación dun traballo de investigación (Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada): 3 ECTS.
-652438002 Métodos e técnicas de recollida de información en psicoloxía aplicada (Máster Universitario en Psicoloxía Aplicada): 3 ECTS.
A CAPD analizará o perfil formativo dos doctorandos tendo en conta a súa formación de grao e posgrao e, en virtude da liña de investigación na que se matricule, establecerá os Complementos Formativos (CF) concretos que debe cursar o/a doctorando/a dentro da oferta dispoñible en cada un do catro ámbitos establecidos. Na seguinte táboa móstranse os ámbitos nos que deben establecerse complementos formativos para completar a formación dos estudantes de doutoramento en virtude do posgrao de procedencia e titulación:
MU. Gerontología MU. Psicopedagogía MU. Int. Discapacidad y Dependencia MU. Lenguaje, Com.y Patologías MU. Prof. Secundaria MU. Psicología Aplicada MU. Psicogerontología MU. Psicología General Sanitaria MU. Psicología Educativa, Des. y Aprendizaje
Psicología XXX XXX XXX XXX XXX XXX XXX XXX XXX
Logopedia CF2 CF1 CF1, CF2 XXX CF1, CF2 XXX XXX XXX XXX
Psicopedag. CF2 CF1 CF1, CF2 XXX CF1, CF2 XXX XXX XXX XXX
Maestro CF2 CF1 CF1, CF2 XXX CF1, CF2 XXX XXX XXX XXX
Compromiso documental de supervisión
Especifica a relación académica entre o doutorando e a Universidade, os seus dereitos e deberes, incluídos os posibles dereitos de propiedade intelectual e/ou industrial derivados da investigación, así como a aceptación do procedemento de resolución de conflitos e a súa duración. Inclúe tamén os deberes do/a titor/a do doutorando e do seu director ou directora de tese.
O devandito compromiso será asinado por unha representación específica designada pola universidade, o/a titor/a e o doutorando, nun prazo máximo dun mes que comezará a contar desde a data da matrícula, mentres que a sinatura do/a director/a se incorporará no momento da súa designación.
Este compromiso de supervisión engadirase ao documento de actividades do doutorando no momento da súa sinatura por todas as persoas implicadas.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 13: Compromiso de supervisión.
Plan de investigación
Nun prazo de seis meses logo da matrícula, o estudante elaborará un Plan de Investigación que incluirá a metodoloxía, os obxectivos, os medios e a planificación temporal. O plan presentarase avalado co informe do director e/ou titor e deberá ser aprobado pola CAPD. Este plan poderá mellorarse no proceso de avaliación anual contando co aval do director e/ou titor.
Anualmente, a CAPD avaliará o Plan de Investigación, xunto cos informes que a tal efecto deberán emitir o titor/a e/ou o director/a, e o documento de actividades. A avaliación positiva será requisito indispensable para continuar no programa. En caso de avaliación negativa, o estudante elaborará un novo Plan que será avaliado no prazo de seis meses. En caso de nova avaliación negativa, causará baixa definitiva no programa.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 15: Plan de investigación.
Profesorado
Didáctica da expresión musical
Enfermería
Fisioloxía
Personalidade, avaliación e tratamento psicolóxicos
Psicobioloxía
Psicoloxía básica
Psicoloxía evolutiva e da educación
Accións para a mobilidade do estudantado
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.