Os estudantes que cumpren algún dos requisitos de acceso aos estudos de doutoramente poderán ser admitidos a un programa de doutoramento conforme aos requisitos específicos e criterios de valoración de méritos que foren propios do programa. A UDC incluirá os procedementose requisitos de admisión no plan de estudos.
A Admisión non implicará, en ningún caso, ningunha modificación dos efectos académicos e profesionais que correspondan ao título previo de que estea en posesión a persoa interesada, nin o seu recoñecemento para outro efecto que o de cursar o programa de doutoramento.
Tamén podes consultar o Regulamento de Estudos de Doutoramento da UDC, Artigo 5: Admision.
10
prazas ofertadas no curso 2024/2025
Perfil de admisión recomendado
O perfil de ingreso establece os coñecementos, habilidades e capacidades que debe posuír o alumnado que desexa acceder a este programa e, como consecuencia, as titulacións de acceso ao programa máis idóneas e que determinan a admisión e, se é o caso, a necesidade a ou non de realizar complementos formativos por parte dos doutorando/as. Poderán ser admitidos no programa estudantes que cursasen estudos de licenciatura ou grao e master dentro dos seguintes ámbitos de coñecemento (RD 822/2021):
-Ciencias do comportamento e psicoloxía.
-Ciencias da educación.
-Fisioterapia, podoloxía, nutrición e dietética, terapia ocupacional, óptica e optometría e logopedia.
-Enfermería
-Medicina e odontoloxía.
-Ciencias sociais, traballo social, relacións laborais e recursos humanos, socioloxía, ciencia política e relacións internacionais.
Unha vez considerada a carta de interese, a adecuación ás liñas de investigación e o compromiso de dirección por parte dalgún/a investigador/a do programa, terán prioridade aquees estudantes que acrediten competencias relativas ás titulacións de "Psicoloxía", "Logopedia" e ao ámbito das "Ciencias da educación". Así mesmo, priorizarase os estudantes que accedan ao PDDPAS cos seguintes estudos de master: 'MU en Psicogerontoloxía', 'MU en Profesorado de Educación Secundaria Obrigatoria e bacharelato, Formación Profesional e Ensinanzas de idiomas, artísticas e deportivas', 'MU en Estudos Avanzados sobre a Linguaxe, a Comunicación e as súas Patoloxías', 'MU en Psicoloxía Aplicada', 'MU en Psicopedagoxía'. En segundo lugar, serán considerados para o acceso preferente o 'MU en Psicoloxía', 'MU en Xerontoloxía', e o 'MU en Psicoloxía Xeral Sanitaria'. A CAmpaña será a adecuación doutros títulos de master para o acceso ao PDDPAS. A CAPD establecerá a obrigatoriedade de cursar créditos complementarios a aquees/as estudantes admitidos/as que pola súa formación de grao e de máster non poidan acreditar algunhas das competencias propias dos ámbitos de "Ciencias do comportamento e psicoloxía" e "Ciencias da educación".
Cando trala admisión preferente de alumnos/as queden prazas vacantes, a CAPD valorará a idoneidade da formación doutros/as candidatos/as que acrediten competencias nalgún dos mencionados ámbitos ou outros que puidesen contribuír ao desenvolvemento multidisciplinar dalgunha das liñas de investigación.
En canto ás capacidades e aptitudes persoais dos estudantes, o perfil de ingreso recomendado correspóndese co de estudantes altamente motivados, interesados pola investigación que desenvolven algúns dos equipos de investigación integrados nalgunha das liñas de investigación do programa, e cuns niveis de curiosidade intelectual e creatividade adecuados para realizar investigacións de alta calidade.
Así mesmo, valorarase a disposición de competencias idiomáticas en lingua inglesa ou outra estranxeira que se xustifique relevante para o desenvolvemento e comunicación da investigación.
Requisitos de acceso específicos do programa
É requisito obrigatorio para a admisión no programa de doutoramento a presentación por parte do/a estudante de: i) unha carta de referencia dun(a) profesor(a) do programa que avale a potencial viabilidade da futura teses no marco dunha liña de investigación do programa á que se vincule, e na que se comprometa a exercer como titor/a ou director/a; ii) unha carta na que se especifique o interese polo tema de investigación elixido e a súa encaixe nalgunha das liñas de investigación do programa; e iii) acreditar oficialmente coñecemento equivalente a nivel B2 en inglés, lingua común de comunicación científica habitual a nivel internacional. O nivel de (idioma) acreditarase coa correspondente certificación oficial das incluídas na listaxe de acreditacións recoñecidas (ver https://www.usc.gal/es/servizos/clm/acreditacion/index.html).
Requisitos de admisión específicos da CAPD
A selección de estudantes para a súa admisión no programa realizarase en función dos seguintes criterios:
• Expediente académico (max. 70%) determinado polas cualificacións obtidas no máster (o DEA ou suficiencia investigadora).
• Experiencia investigadora logo de e os seus resultados (max. 10%): Neste punto valoraranse publicacións, comunicacións e outras contribucións científicas a congresos e a súa adecuación ás liñas de investigación do programa de doutoramento. Os candidatos deberán presentar documentación xustificativa.
• Experiencia profesional ou de voluntariado (max. 5%): Neste punto valorarase experiencia profesional ou de voluntariado relacionada coas liñas de investigación do programa de doutoramento. Os/as candidatos/as deberán presentar documentación xustificativa (certificación de vida laboral, copia de contratos, bolsas, etc.)
• Outros aspectos acreditados no currículo do candidato (max. 5%): Neste punto valoraranse as estadías de investigación, cursos realizados e cursos impartidos relacionados coas liñas de investigación do programa. Coñecemento de lingua estranxeira de nivel B2 ou superior e coñecemento doutros idiomas distintos da/s lingua/s materna/s.
• Entrevista persoal (max. 10%): Valorarase motivación, actitude e aptitudes, capacidade para o traballo en equipo, e capacidade de comunicación.
Aplicaranse os mesmos criterios para admitir a todos/as os/as estudantes independentemente de que a súa dedicación sexa a tempo completo ou parcial.