O presente programa de doutoramento ten carácter interuniversitario e nel participan investigadores/as das universidades da Coruña e Santiago de Compostela. Nos seus equipos tamén se integran investigadores/as das universidades de Barcelona , Oviedo e Valencia, así como do Instituto Xerontolóxico Matia (INGEMA). O programa acolle a máis de 30 investigadores/as e articúlase ao redor de dúas liñas de investigación: Liña A “ Investigación en Psicoloxía do Desenvolvemento e da Educación” e liña B “Psicoloxía da saúde”. O obxectivo fundamental do programa é o de desenvolver competencias investigadoras nos ámbitos relacionados coas dúas liñas de investigación que se propoñen e os equipos que as conforman (i. e, manexo de bases de datos e revisión documental, planificación e implementación de deseños experimentais, avaliación psicolóxica e recollida de información, análise cualitativa e cuantitativa de datos, redacción e defensa de informes científicos e traballo en equipo multidisciplinar en grupos nacionais e internacionais).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o luns, 13 de marzo de 2023.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
10 |
O programa de Doutoramento en Desenvolvemento psicolóxico, aprendizaxe e saúde permite a profesionais destes ámbitos comprender mellor a investigación e os últimos avances. Estes estudos permiten mellorar a actividade clínica, educativa e investigadora de titulados en Psicoloxía, Logopedia, Terapia Ocupacional, Psicopedagoxía, Mestre de Infantil ou Primaria e outras titulacións relacionadas coa educación e as ciencias da saúde.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2014/2015 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 07/10/2014 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 29/01/2015 |
Data publicación plan estudos BOE | 29/01/2015 |