O Programa Oficial de Doutoramento en Análise Económica e Estratexia Empresarial, interuniversitario, responde á intención de integrar nun mesmo programa de doutoramento os/as investigadores/as das distintas áreas de economía e de empresa das facultades de ciencias económicas e empresariais das universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo que realizaren unha investigación de calidade contrastada polas súas publicacións en revistas científicas de prestixio internacional.
O estudo está verificado e pendente de publicaciónO estudo renovou a sua acreditación o mércores, 18 de xaneiro de 2023.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
12 |
O obxectivo deste programa é formar investigadores/as con posibilidades de publicaren os seus traballos en revistas académicas presentes no Journal of Citation Report (JCR). Consecuentemente, búscase formar estudantes que sexan capaces de manexar con soltura modelos teóricos e teñan as destrezas necesarias para usar as técnicas econométricas que lles permitan obter unha información contrastable dos datos económicos empíricos, para desenvolveren unha carreira académica ou profesional.
Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña, participan na súa docencia as seguintes universidades:
Curso de comezo | 2014-2015 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 22/07/2014 |