O Programa de Doutoramento en Bioloxía Celular e Molecular é un título universitario oficial que aborda a formación en investigación biolóxica fundamental molecular e celular. Conta coa colaboración do Instituto de Investigación Biomédica da Coruña (INIBIC).
O seu obxectivo é formar en competencias metodolóxicas e instrumentais para desenvolver proxectos de investigación en bioloxía celular, bioloxía molecular, bioquímica, xenética, microbioloxía, fisioloxía vexetal e biomedicina.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.
Prezo da titoría anual de doutoramento Prezo aproximado aplicable a todos os estudantes (non residentes en España ou na UE incluídos). Gastos de secretaría, seguro escolar e complementos formativos (de ser aplicables) non incluídos. |
200€ |
Prazas ofertadas para o curso 2023/2024 |
15 |
O Programa ofrece unha educación de calidade, personalizada e integrada ens grupos de investigación consolidados. Ten, ademais, recoñecido prestixio a nivel nacional e internacional.
Curso de comezo | 2013-2014 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 02/08/2013 |
Data publicación autorización DOG | 20/12/2013 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 11/03/2014 |
Data publicación plan estudos BOE | 11/03/2014 |