As altas cifras de sinistralidade laboral e non-laboral, as políticas de prevención que está a impulsar a Unión Europea e a necesidade de formar universitariamente profesionais como técnicos de prevención en riscos laborais e riscos comúns fan que os mestrados de especialización nesta materia, como o Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns, estean a ser demandados con maior insistencia co paso do tempo.
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o mércores, 26 de xaneiro de 2022.
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
591€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
739€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
40 |
A raíz da publicación do Real decreto 337/2010, do 19 de marzo, que modifica o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, establécese que a formación esixida para desempeñar funcións de prevención de riscos de nivel superior debe ser acreditada por unha universidade.
Data última modificación/verificación ACSUG | 26/07/2011 |
Data publicación autorización DOG | 03/01/2012 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 26/03/2012 |
Data publicación plan estudos DOG | 28/06/2018 |
Data publicación plan estudos BOE | 28/06/2018 |