Máster Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns

2024/2025 · 60 créditos

Que se aprende

O Mestrado Universitario en Prevención de Riscos Laborais e Riscos Comúns prepara para desempeñar funcións de prevención de riscos laborais de nivel superior. As ditas funcións poden resumirse nos seguintes puntos:

  • Desenvolver, coordinar e controlar os plans de acción preventiva nas empresas.
  • Desenvolver actividades de carácter técnico relacionadas coa prevención na empresa: promoción da prevención, avaliación de riscos, definición de medidas correctoras, establecemento de medidas de control e dirección e supervisión das actividades dos técnicos con funcións de nivel básico ou intermedio.
  • Desenvolver actividades de formación e información aos traballadores en materia preventiva.

Así mesmo, prepara para previr e controlar os riscos sobre as persoas e os bens, así como para dar unha resposta axeitada ás posibles situacións de emerxencia na zona baixo a responsabilidade do/a titular da actividade, garantindo a integración destas actuacións co sistema público de protección civil.

Competencias completas do estudo

Saídas profesionais e académicas

O título capacita para o desempeño das seguintes funcións:

  • Técnico/a de nivel superior en prevención de riscos laborais, de acordo co Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención.
  • Auditor/a de sistemas de prevención, de acordo coa Orde TIN/2504/2010, do 20 de setembro, pola que se desenvolve o Real decreto 39/1997, do 17 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento dos servizos de prevención, no tocante á acreditación de entidades especializadas como servizos de prevención, memoria de actividades preventivas e autorización para realizar a actividade de auditoría do sistema de prevención das empresas.
  • Director/a do plan de autoprotección e o plan de actuación en emerxencia recollidos no Real decreto 393/2007, do 23 de marzo, polo que se aproba a Norma básica de autoprotección dos centros, establecementos e dependencias dedicados a actividades que poidan dar orixe a situacións de emerxencia.

Planificación do ensino

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

 BOE co plan de estudos (PDF)

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.