O Máster Universitario en Cronicidade e Novos Modelos de Atención Sociosanitaria ten como obxectivo principal proporcionar ó estudiantado do ámbito sociosanitario o coñecemento avanzado e a capacitación na atención integral á cronicidade, discapacidade e dependencia, ó longo de todas as etapas vitais. Para elo, baséase nun enfoque interdisciplinar e multidimensional, abordando a vertente clínico-asistencial, social, de xestión e investigadora, fomentando a innovación e o emprendemento como resposa á rápida e constante evolución social neste campo.
O máster ten tres especialidades. A especialidade en Rehabilitación Funcional na Cronicidade, Discapacidade e Dependencia proporcionará os coñecementos e a metodoloxía de traballo necesaria para a abordaxe integral das principais enfermedades crónicas e dos procesos causantes de discapacidade e dependencia.
A especialización en Intervención Psicosocial na Cronicidade, Discapacidade e Dependencia proporcionará os coñecementos teórico-prácticos para a identificación e o manexo das condición psicosociais asociadas á cronicidade, discapacidade e a dependencia en distintas etapas etarias.
A especialidade en Intervención, Investigación e Innovación en Fisioterapia Neurolóxica facilitará os coñecementos avanzados na avaliación e intervención fisioterápica nas enfermedades de orixe neurolóxico que producen cronicidade, discapacidade e dependencia na infancia, madurez e senectude.
O estudo está pendente de verificación
A proposta de implantación responde a unha necesidade estratéxica do Sistema Universitario Galego coma resultado do proxecto “Galicia 2030: Perfís profesionais do Futuro e Novas Titulacións e Especialidades”, onde se suliñaba a necesidade de capacitar a profesionais de distintas áreas e dar resposta ás necesidades das persoas con patoloxía crónica e ás súas consecuencias.
O aumento da esperanza de vida e dos estilos de vida pouco saludables elevan a prevalencia de enfermedades crónicas na sociedade. Estas patoloxías teñen un impacto biopsicosocial na vida das persoas e un elevado coste socio-sanitario, ó xerar discapacidade, un alto nivel de dependencia e a asistencia de profesionais e coidadores. Galicia é a segunda comunidade autónoma con maior tasa de envellecemento e porcentaxe de poboación con 15 ou máis anos con a lo menos unha enfermidade crónica percibida é do 79.3 % (2018).
A relevancia da discapacidade e dependencia é unha cuestión considerada de dereitos humanos dende que entrou en vigor a Convención das Nacións Unidas sobre os dereitos das persoas con Discapacidade (CDPD, 2008). No Informe Mundial sobre Discapacidade (OMS, 2011) sinálase que máis de 1000 millóns de persoas viven con algún tipo de discapacidade, o que supón arredor dó 15 % da poboación mundial. A nivel nacional, o último informe sobre discapacidade derivado da enquisa de poboación activa do Instituto Nacional de Estatística (INE, 2020), sitúa a prevalencia da discapacidade en España dun 6,3 %. Os datos máis recientes do Informe Olivenza (2020-21) corroboran estas afirmacións e sinalan que os números van en ascenso.