O Máster Universitario en Ensino de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua (MELE) é un título interuniversitario das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo. O seu obxectivo é dar resposta ás necesidades académicas, científicas e profesionais relacionadas co ensino do español como lingua estranxeira e segunda lingua, ofrecendo unha formación especializada tanto para a práctica docente como para a investigación. O programa responde á crecente demanda de profesionais cualificados nun contexto marcado pola expansión internacional do español e pola súa relevancia cultural, social e económica.
O estudo está verificado e pendente de publicación
|
Prazas ofertadas para o curso 2026 |
8 |
| Curso de comezo | 2025 |
| Data autorización Consello de Ministros | 17/09/2024 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 27/09/2024 |