Máster Universitario en Ensinanza de Español como Lingua Estranxeira ou Segunda Lingua

2025/2026 · 60 créditos

Que se aprende

O MELE proporciona os coñecementos, habilidades e ferramentas necesarias para ensinar español como lingua estranxeira e segunda lingua en contextos diversos. O alumnado aprende a planificar, xestionar e avaliar procesos de ensino e aprendizaxe, deseñar recursos e materiais didácticos e responder ás necesidades lingüísticas e culturais de estudantes con diferentes perfís. Ademais, adquire unha sólida formación en investigación aplicada ao ensino do español e desenvolve competencias para desenvolverse nun ámbito profesional dinámico e internacional.

Competencias completas do estudo

Competencias xenéricas

  1. Utilizar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos sobre ensino-aprendizaxe de segundas linguas en contextos docentes e profesionais.
  2. Resolver problemas relacionados co ensino-aprendizaxe de segundas linguas en contextos amplos e multidisciplinares.
  3. Formular xuízos e propoñer solucións baseadas en teorías e métodos respectuosos coa diversidade lingüística e sociocultural.
  4. Comunicar resultados de investigación a públicos especializados e non especializados.
  5. Desenvolver novos métodos de traballo adaptados ao ámbito do español LE/L2.
  6. Traballar en equipo e participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas.

Competencias específicas

  1. Identificar e aplicar orientacións metodolóxicas para o ensino-aprendizaxe de segundas linguas.
  2. Integrar aspectos pragmáticos e sociolingüísticos na docencia do español LE/L2.
  3. Planificar, xestionar e avaliar procesos de ensino-aprendizaxe de español LE/L2.
  4. Analizar cuestións gramaticais e léxicas relevantes para a aprendizaxe do español.
  5. Deseñar, adaptar e avaliar materiais e recursos didácticos.
  6. Elaborar propostas didácticas para distintos contextos de aprendizaxe.
  7. Deseñar actividades e tarefas para o desenvolvemento das actividades comunicativas da lingua.
  8. Aplicar metodoloxías baseadas en datos de corpus ao ensino do español.
  9. Adaptar a docencia a contextos específicos e a diferentes perfís de aprendentes.

Competencias transversais

  1. Utilizar os coñecementos teórico-prácticos adquiridos sobre ensino-aprendizaxe de segundas linguas en contextos docentes e profesionais.
  2. Resolver problemas relacionados co ensino-aprendizaxe de segundas linguas en contextos amplos e multidisciplinares.
  3. Formular xuízos e propoñer solucións baseadas en teorías e métodos respectuosos coa diversidade lingüística e sociocultural.
  4. Comunicar resultados de investigación a públicos especializados e non especializados.
  5. Desenvolver novos métodos de traballo adaptados ao ámbito do español LE/L2.
  6. Traballar en equipo e participar en proxectos de investigación e colaboracións científicas ou tecnolóxicas.

Saídas profesionais e académicas

Contorno profesional no que se sitúa

As competencias adquiridas no MELE aplícanse en contornos relacionados co ensino e a aprendizaxe de linguas, a formación lingüística e cultural, o deseño e elaboración de materiais didácticos, a innovación educativa e a investigación en didáctica das linguas. Estas competencias permiten desenvolver actividades profesionais e investigadoras en contextos educativos nacionais e internacionais, tanto presenciais como virtuais.

Saídas profesionais e académicas

As persoas tituladas no MELE poderán desenvolver a súa actividade profesional en ámbitos relacionados co ensino do español como lingua estranxeira e segunda lingua, o deseño e elaboración de materiais didácticos, a planificación e xestión de procesos de ensino-aprendizaxe, a formación lingüística e cultural e a innovación educativa. O mestrado proporciona tamén unha sólida formación investigadora que permite acceder a programas de doutoramento e participar en proxectos de investigación no ámbito do ELE e do español L2.

Empresas e institucións colaboradoras

O MELE conta coa colaboración de diversas institucións e entidades que contribúen á formación práctica do estudantado mediante a realización de prácticas académicas externas. Entre elas atópanse o Centro de Linguas da UDC, a Unidade de Teleformación do CUFIE, a Oficina de Relacións Internacionais da UDC, a Escola Oficial de Idiomas da Coruña, a Escola Oficial de Idiomas de Culleredo e Erre que ELE. Ademais, o estudantado pode realizar prácticas nas Agrupacións de Lingua e Cultura Españolas (ALCE) no exterior, un programa do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes destinado á promoción da lingua e da cultura españolas en distintos países.

Planificación do ensino

O MELE ten unha duración dun curso académico e unha carga lectiva de 60 créditos ECTS. O programa combina formación obrigatoria e optativa especializada no ámbito do español como lingua estranxeira e segunda lingua, complementada coa realización de prácticas académicas externas e dun traballo fin de mestrado. Esta estrutura permite ao estudantado adquirir unha sólida formación teórica, metodolóxica e investigadora, así como experiencia práctica en contextos profesionais relacionados co ensino do español.

Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.

Estrutura do estudo

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  Guía Carácter Cuadr. créditos
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Primeiro Cuadrimestre 6,0 ECTS
Obrigatoria Segundo Cuadrimestre 6,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Optativa Segundo Cuadrimestre 3,0 ECTS
Traballo fin de máster Segundo Cuadrimestre 9,0 ECTS

Referentes externos

A planificación académica do MELE toma como referencia os avances da investigación no ámbito do español como lingua estranxeira e segunda lingua, as necesidades profesionais do sector e a crecente proxección internacional do español. O deseño do título apoia-se na experiencia docente e investigadora das universidades participantes e nos principios do Espazo Europeo de Educación Superior.

Procedementos de consulta empregados

A planificación do título realizouse tendo en conta a experiencia docente e investigadora das universidades participantes, así como as necesidades formativas e profesionais do ámbito do español como lingua estranxeira e segunda lingua. No proceso de deseño do mestrado consideráronse as demandas do sector educativo e as orientacións académicas e científicas máis relevantes neste campo.

Profesorado

O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:

Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.

  • Fernández Sanmartín, Alba
  • Estévez Rionegro, Noelia
  • Acuña Ferreira, Antonia Virginia

Accións para a mobilidade do estudantado

A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.

Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes

As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.

As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.

Accións concretas do centro

O estudantado do MELE pode participar nos programas de mobilidade nacional e internacional da Universidade da Coruña, xestionados a través da Oficina de Relacións Internacionais (ORI). Entre as oportunidades dispoñibles inclúense os programas Erasmus+, os convenios bilaterais con universidades estranxeiras, a mobilidade SICUE e as prácticas en institucións e entidades internacionais. A universidade ofrece ademais información, orientación e axudas complementarias para facilitar a participación do estudantado nestes programas.