Máster Universitario en Intelixencia Artificial

2024/2025 · 90 créditos

Introdución

O Máster Universitario en Intelixencia Artificial (MIA) é un máster oficial de 90 créditos ECTS distribuidos en 3 cuadrimestres, o que equivale aproximadamente a un ano e medio. O MIA é un posgrado interuniversitario, ofertado e impartido polas tres universidades públicas galegas, Universidade da Coruña, Universidade de Santiago de Compostela e Universidade de Vigo (no seu campus de Ourense). A docencia é de carácter presencial e se desenrola íntegramente en inglés, polo que se precisa un nivel mínimo acreditable nese idioma (ver requisitos de acceso e admisión) para ingresar.
Mais información na web https://mia.udc.es

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.045€
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025
20

Por que estudar a titulación

O MIA ten como obxectivo principal o de formar a profesionáis con capacidade de desenvolver sistemas intelixentes, incluindo tanto a construcción de sistemas autónomos, seguindo un proceso metodolóxico riguroso, como o deseño de sistemas de apoio á toma de decisións a nivel científico e empresarial. Ainda que hoxe en día existe unha crecente oferta formativa en métodos e técnicas de IA que cubren dende cursos técnicos de corta duración sobre ferramentas moi puntuáis, ata cursos masivos online en aberto (MOOCs), o MIA proporciona unha formación académica sólida e coherente sobre o estado actual da IA, centrada na comprensión dos principios e fundamentos que respaldan as técnicas aplicadas, no manexo de múltiples ferramentas do estado da arte e na capacidade para elixir ou combinar aquelas máis axeitadas para a resolución dun problema real. O máster conta ademáis con profesorado especializado nas principáis disciplinas dentro da Intelixencia Artificial, coa participación directa de grupos de investigación de experiencia internacional contrastada e recoñecido prestixio, poñendo ao alcance do alumno moitos dos medios e resultados de proxectos de investigación en desenvolvemento, así como o uso de tecnoloxía punteira nos dous centros galegos de investigación especializados, o CiTIUS e o CITIC.

Este estudo é interuniversitario, ademais da Universidade da Coruña , participan na súa docencia as seguintes universidades:

  • Universidade de Santiago de Compostela
  • Universidade de Vigo

Folla de ruta

Curso de comezo 2022/2023
Data última modificación/verificación ACSUG 27/06/2022
Data autorización Consello Xunta 27/07/2022
Data publicación autorización DOG 10/08/2022
Data publicación BOE de carácter oficial 28/10/2022
Data publicación plan estudos DOG 10/02/2023
Data publicación plan estudos BOE 13/02/2023