O Mestrado é de carácter interuniversitario, impartese na Escola Politécnica de Enxeñaria de Ferrol (EPEF) no Campus de Esteiro e na Universidad de La Laguna, é ofrece a posibilidade de obter unha dobre titulación co Instituto Politécnico de Bragança - Portugal.
A distribución por créditos segundo o tipo de materias é o seguinte:
O estudo está verificado e publicado
Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE. |
836€ |
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España. |
1.045€ |
Prazas ofertadas para o curso 2024/2025 |
0 |
O obxectivo fundamental deste Mestrado Interuniversitario entre a Universidade da Coruña e a Universidad de La Laguna é a formación de investigadores e profesionais no ámbito común das contornas industriais de produción e das tecnoloxías da Información e as Comunicacións.
O Master en Informática Industrial cobre a necesidade dunha especialización interdisciplinar no ámbito común das contornas industriais de produción, e das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións, tanto a nivel de ferramentas software como hardware: PLC’s, robots, sistemas SCADA, buses de campo, ferramentas de simulación e outros dispositivos son elementos básicos para o funcionamento dos sistemas produtivos actuais .
Trátase de dar resposta á demanda do sector industrial, que necesita incorporar profesionais capaces de axuntar coñecementos dos procesos industriais, robótica e habilidades informáticas aplicadas a tales procesos .
Curso de comezo | 2020/2021 |
Data última modificación/verificación ACSUG | 12/09/2022 |
Data autorización Consello Xunta | 24/09/2020 |
Data publicación autorización DOG | 02/10/2020 |
Data publicación BOE de carácter oficial | 15/01/2022 |
Data publicación plan estudos DOG | 06/02/2023 |
Data publicación plan estudos BOE | 13/02/2023 |