Os egresados do Mestrado de Informática Industrial e Robótica van ser profesionais capacitados para analizar, deseñar e implementar solucións dixitais en contornas industriais de produción. Serán capaces de comprender como funciona a industria e de deseñar sistemas dixitais para a mellora da produción. Estes profesionais converteranse en elementos fundamentais para axudar de forma eficiente na transformación dixital do noso tecido industrial. Terán unha alta especialización que garantan que o proceso de avance cara á industria 4.0 prodúzase de forma eficiente e con garantías de éxito. De forma máis concreta, os profesionais que superen a titulación do Mestrado de Enxeñería Informática e Robótica terán unha sólida formación en tecnoloxías relacionadas coa industria 4.0: :
Algúns exemplos das actividades que poderán realizar os egresados son:
Os egresados, que desexan continuar a súa formación ao labor investigador poderán acceder á realización de estudos de doutoramento. En particular, o Mestrado en Informática Industrial e Robótica está aliñado co programa de doutoramento de Enxeñería Industrial, Informática e Ambiental da ULL
Dado o carácter interuniversitario da titulación, os egresados terán a opción de coñecer outras contornas industriais nos que poderán enriquecerse e crecer como profesionais. En definitiva, o obxectivo é formar aos líderes da transformación dixital da nosa industria que a nosa sociedade actual está a demandar
Disponse de convenios de colaboración educativa con máis de 80 empresas, entre as que se atopan: ALCOA, ENDESA GENERACIÓN S.A., FERROVIAL, GAMESA, GAS NATURAL SDG S.A., NAVANTIA, RED ELÉCTRICA, REGANOSA…
A distribución de materias ao longo do curso é a seguiente:
Durante o primeiro cuadrimestre o alumno realizará 6 materias obligatorias e 1 optativa a escoller entre 4 ofertadas.
Durante o segundo cuadrimestre o alumno realizará:
6 materias optativas dun itinerario (a UDC oferta 14 e a ULL 12), Prácticas en empresa e o Traballo Fin de Mestrado.
Horarios
Esta titulación dispón de guía docente
Podes consultala para coñecer máis sobre o estudo. Na táboa inferior tamén podes consultar as guías docentes particulares a aquelas materias que dispoñen de ela.
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Accionamentos Industriais | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Automatización Avanzada | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Sistemas Embebidos | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Linguaxes de Alto Nivel para Aplicacións Industriais | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Robótica Intelixente e Sistemas Autónomos | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Programación Virtual de Instrumentos | Obrigatorio | 1º | 4,5 ECTS | |
Automatización Industrial | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Tecnoloxía de Control | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Redes Informáticas de Comunicacións | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Sistemas de Información en Contornas Industriais | Optativo | 1º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Python para Enxeñeiros Introdutorio | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Python para Enxeñeiros Avanzado | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: Introdución a ROS | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Desenvolvemento de Aplicacións en Robótica: ROS Avanzado | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Aplicacións de Robótica Autónoma | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Aprendizaxe Automática I | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Aprendizaxe Automática II | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Visión Artificial I | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Visión Artificial II | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Robótica Móbil | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Taller de Tecnoloxías Emerxentes de Fabricación | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Mecánica dos Sistemas Robóticos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Simulación e Análise de Sistemas Robóticos | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Big-data & Analytics | Optativo | 1º | 3 ECTS | |
Comunicacións Industriais e Sistemas en Tempo Real | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Sistemas Ciberfísicos | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
IoT Industrial | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Realidade Aumentada, Visión Artificial | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Fabricación Aditiva | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Smartcities - Smartregions | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Simulación para a Industria 4.0 | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Intelixencia Computacional | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Cloud Computing | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Procesamento de Sinais con Aprendizaxe Automática | Optativo | 2º | 3 ECTS | |
Metaheurísticas | Optativo | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Prácticas en Empresa | Obrigatorio | 2º | 3 ECTS |
Guía | Carácter | Cuadr. | créditos | |
---|---|---|---|---|
Traballo Fin de Máster | Obrigatorio | 2º | 9 ECTS |
O ensino do plan de estudos está a cargo dos seguintes docentes:
Os estudos de máster organízanse por módulos. Fai clic nun módulo para obter máis información.
A UDC mantén convenios de mobilidade de estudantes con universidades e institucións de educación superior de catro continentes. Cada curso académico publícanse varias convocatorias de mobilidade de estudantes para que estes poidan cursar parte dos seus estudos nunha desas institucións (un semestre ou un ano académico completo), obtendo pleno recoñecemento académico ao seu regreso no expediente UDC do estudante.
Nesas convocatorias publícanse as prazas das que a UDC dispón para ofrecer aos estudantes dos distintos centros e, no seu caso, as condicións específicas de cada unha delas. Do mesmo xeito, todos os anos convócanse bolsas para financiar a realización de prácticas no estranxeiro por parte dos estudantes
As prácticas serán tamén recoñecidas como parte do seu expediente académico ou no suplemento europeo ao título. O estudante é libre para buscar a empresa ou institución de destino do EEES na que desexa facer as prácticas. A estes efectos, a UDC ten un taboleiro virtual no que se publican as ofertas que chegan ao seu coñecemento.
As convocatorias de mobilidade xestiónanse conxuntamente nos centros de procedencia dos estudantes, baixo a dirección dos Responsables de Relacións Internacionais dos centros, e na Oficina de Relacións Internacionais da Universidade (ORI). Os requisitos xerais para acceder a unha praza de mobilidade, os dereitos e obrigacións dos estudantes, así como o procedemento para conceder as prazas regúlanse no Regulamento de Mobilidade da UDC.