Máster Universitario en Informática Industrial e Robótica

2024/2025 · 60 créditos

Orientación, información e apoio académico

Para cada título existe un coordinador do título que é a persoa de referencia para clarexar calquera dúbida que poida xurdir no desenvolvemento do curso e propoñer as melloras que deriven das observacións e suxestións do alumnado.

Plan de Acción Titorial da UDC asigna un profesor titor a cada estudante para ofrecer asesoramento académico canto as opción e a orientación do seu proxecto académico e profesional. Así mesmo informa dos recursos e servizos que a Universidade da Coruña pon ao dispor do estudantado e da información sobre o funcionamento xeral da universidade, sobre os aspectos administrativos, académicos, de xestión e de participación nas estruturas de goberno.

Formación complementaria

A Universidade da Coruña conta cun Centro de Linguas no que se pode formar actualmente en 4 idiomas (inglés, francés, portugués, alemán). Impártense curso xerais, intensivos e cursos de conversación de duración trimestral. Estes cursos están homologados pola ACLES e recoñecidos academicamente como competencias transversais propias da UDC.

Como formación complementaria os estudantes poden participar en calquera dos programas de Curso de verán que se levan a cabo todos os anos entre os meses de xullo e setembro.

Aula de Formación Informática, ofrece ao estudantado cursos de iniciación e avanzados para o manexo e coñecemento das ferramentas informáticas que lle son de utilidade.

Respecto á inserción laboral , a Universidade da Coruña conta con varios mecanismos para proporcionar información e formación específica que facilite a inserción laboral e profesional dos universitarios. Impártense cursos dirixidos a estudantes e titulados recentes para mellorar a súa formación en competencias profesionais, técnicas de busca de emprego, etc. Así mesmo conta cunha sólida estrutura de prácticas externas tanto curriculares como extracurriculares para os estudantes dos últimos cursos.

Aloxamento e servizos

A Universidade da Coruña convoca prazas de aloxamento nas residencias públicas universitarias, para o alumnado que curse estudos, tanto no campus da Coruña como no campus de Ferrol. Ambas residencias están moi céntricas e dispoñen de cuartos individuais e dobres, aulas de estudio e salas de ocio. Podes atopar máis información da convocatoria e doutras opción de aloxamento nesta ligazón.

Co fin de garantir a igualdade de oportunidades e plena integración do estudantado con diversidade funcional na vida universitaria, a Universidade da Coruña, conta cunha unidade de Atención á Diversidade que promove ademais a sensibilización e concienciación dos membros da comunidade

Desde o Servizo de Estudantes, a través do SAPE Servizo de Apoio ao Estudante, difundimos e ofrecemos información de carácter xeral sobre as características académicas dos estudos de Grao, o réxime de acceso e permanencia do estudantado na universidade, así como sobre o exercicio e reclamación dos seus dereitos, e sobre o seguro escolar. Tamén difundimos as convocatorias de bolsas, axudas e premios e xestionamos o asociacionismo universitario.

Grazas aos servizos informáticos, todos os ordenadores están conectados a internet, ademais de contar con cobertura wifi en todos os edificios.

Actualmente a Universidade da Coruña conta con 4969 postos de lectura en bibliotecas e salas de estudos. A biblioteca da UDC está formada ademais de pola biblioteca central, por 16 bibliotecas distribuídas en diversos centros e posúe un fondo bibliográfico de máis de 804.000 volumes e mais de 9000 revistas. Ademais dispón dun repositorio institucional no que están en acceso libre máis de 8000 recursos entre os que se atopan a colección que recolle as teses de doutoramento defendidas na UDC. Os horarios das salas de estudo amplíanse en época de exames.

Actividades deportivas e culturais

A Universidade da Coruña conta cunha Área de Cultura que ofrece unha programación variada de cine, música e artes escénicas. Ten implantado tamén un espazo de intervención cultural NORMAL que alberga singularmente accións de cultura alternativa.

Os Campus da Coruña e de Ferrol están dotados de complexos deportivos que ofrecen moitas e moi variadas actividades.

Participación na vida universitaria

A Universidade da Coruña conta con convocatorias propias para o desenvolvemento de actividades estudantís que son promovidas e xestionadas a iniciativa das asociacións e colectivos.

O estudantado conta con representantes elixidos en todos os órganos de goberno da Universidade.

Valedor Universitario é o valedor dos dereitos e liberdades da comunidade universitaria e atende as queixas, peticións e suxestións de todos os universitarios.

Oficina de Cooperación e Voluntariado, que depende actualmente da Vicerrectoría de Relaciones Internacionales e de Cooperación, xestiona, coordina e potencia os ámbitos do voluntariado social e a cooperación ao desenvolvemento da universidade. Con estes fines realiza cursos de formación para o voluntariado, lidera proxectos de voluntariado, organiza actividades de sensibilización e financia bolsas de cooperación.