Máster Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos

2020/2021 · 120 créditos

Introdución

O Mestrado Universitario en Deseño, Desenvolvemento e Comercialización de Videoxogos exponse como un programa formativo de dous anos académicos de duración. No deseño do seu plan de estudos buscouse adaptar cronoloxicamente a secuencia de ensinos ao proceso industrial de elaboración dun videoxogo, centrándose na súa natureza de produto de consumo audiovisual interactivo, de forte compoñente técnica, desde a súa formulación de viabilidade e conceptualización inicial ata a súa comercialización final, pasando pola fase de deseño e desenvolvemento.

E un título oficial que aborda as temáticas necesarias para converter o alumnado en profesionais completos e capaces de achegar solucións creativas nunha industria cada vez máis dinámica e necesitada de talento. O mestrado vira en torno ao deseño, o desenvolvemento e a comercialización de videoxogos, expondo mediante as asignaturas optativas, dúas vias de especialización en función das necesidades actuais deste sector: arte e tecnoloxía para os videoxogos ou programación e aplicacións avanzadas.

O estudo está verificado e publicado

 

Prezo para o alumnado con residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula con residencia en España ou na UE.
836€
Prezo para o alumnado sen residencia en España ou na UE
Prezo aproximado dun curso (60 ECTS) para o alumnado de primeira matrícula sen residencia en España.
1.463€
Prazas ofertadas para o curso 2020/2021
25

Por que estudar a titulación

Formación completa

  • Un título oficial que aborda as temáticas necesarias para converterche nun profesional completo e capaz de achegar solucións creativas nunha industria cada vez máis dinámica e necesitada de talento. O Master vira en torno ao deseño, o desenvolvemento e a comercialización de videoxogos, expondo mediante materias optativas, dúas vías de especialización en función das necesidades actuais deste sector: Arte e Tecnoloxía para os Videoxogos ou Programación e Aplicacións Avanzadas.

Proxección de futuro

  • Os videoxogos constitúen un dos sectores industriais dentro do campo dos contidos audiovisuais que desenvolveron nas últimas décadas un crecemento máis significativo e sostido, chegando a ser na actualidade unha industria cuxa facturación supera a nivel global á do cinema e a música xuntas.

Contacto co sector

  • Posibilidade de realizar Prácticas en distintas empresas do sector.

 Folleto informativo

Folla de ruta

Curso de comezo 2018/2019
Data última modificación/verificación ACSUG 04/04/2018
Data autorización Consello Xunta 13/06/2018
Data publicación autorización DOG 29/06/2018
Data publicación BOE de carácter oficial 07/09/2018
Data publicación plan estudos DOG 06/03/2019
Data publicación plan estudos BOE 11/03/2019