O Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria (MOPS) implantouse no curso 2016-2017 e renovou a súa acreditación en 2020. Está titulación está orientada a formar profesionais expertos/as en políticas sociais, exclusión social e intervención social e comunitaria, capaces de planificar e intervir nas problemáticas e retos sociais do século XXI.
O Máster está enfocado cara ao amplo colectivo de egresados/as principalmente dos ámbitos da Socioloxía, a Ciencia Política, a Economía, a educación social e o traballo social, ao tempo que tamén resulta de interese para titulados/as doutras disciplinas, principalmente do ámbito das ciencias sociais e xurídicas.
O Máster ten unha duración de dous cursos académicos. No primeiro curso ofrécese unha formación especializada en políticas sociais, procesos de exclusión e intervención sociocomunitaria con materias de contidos teórico-prácticos e metodolóxicos. No segundo curso, o estudantado deberá escoller unha especialidade: Migracións, Xénero, ou Envellecemento e transformacións familiares. O proceso formativo culmina coa realización das prácticas e do Traballo Fin de Máster (TFM).
O estudo está verificado e publicado
O estudo renovou a sua acreditación o xoves, 17 de setembro de 2020.
|
Prazas ofertadas para o curso 2026 |
20 |
O Máster en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria ofrece a posibilidade ser cursado de maneira presencial ou a distancia.
Ademais, ofrézanse tres especialidades: Migracións Internacionais; Xénero e Políticas de Igualdade; e Lonxevidade, Calidade de Vida e Relacións Interxeracionais.
O principal obxectivo é proporcionar unha formación especializada e de calidade para persoas que desenvolverán as súas competencias como expertos/as na análise e a avaliación das políticas sociais, pero tamén na acción e intervención social, tanto desde o ámbito profesional como investigador. En consecuencia, serán capaces de analizar criticamente as políticas sociais, coñecer en profundidade a administración e xestión de servizos sociais, intervir na comunidade para o seu desenvolvemento, avaliar fielmente os servizos sociais e prestar atención social ás persoas de maneira integral.
Os obxectivos específicos son:
- Dotar o estudantado de xeramentas teóricas e metodolóxicas de investigación en Ciencias Sociais para o estudo dos procesos de exclusión e desigualdade na sociedade actual.
- Desenvolver coñecementos teórico-prácticos sobre a análise do benestar social das poboacións, así como o deseño das políticas que o melloren.
- Domina-la análise, tanto cuantitativo como cualitativo da realidade e os problemas sociais, que permita a definición de indicadores para a avaliación de calquera programa ou proxecto relacionado coa esfera pública ou social.
- Afondar no coñecemento de necesidades sociais e na acción e intervención social, con especial referencia a fenómenos actuais, como a inmigración, as minorías étnicas, a violencia de xénero, as transformacións familiares e sociodemográficas, etc.
| Curso de comezo | 2023 |
| Data autorización Consello Xunta | 28/06/2016 |
| Data publicación autorización DOG | 13/07/2016 |
| Data autorización Consello de Ministros | 07/10/2016 |
| Data publicación BOE de carácter oficial | 26/10/2016 |
| Data publicación plan estudos DOG | 05/03/2019 |
| Data publicación plan estudos BOE | 06/02/2019 |